Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 30 de xullo de 2015

Montoro de rebaixas: oferta 1% de suba, 1 dia de AP e subir a taxa de reposición...

O amigo Montoro, ese tío tan simpático que vemos pola tele, ese que chegou a afirmar en pleno rescate que os soldos estaban a subir..., baixou persoalmente este xoves á tarde á area da negociación sindical a vendernos a moto a todos e a todas as empregadas públicas.

Non hai como perder unhas eleccións para que estes tíos se poñan a darnos faragullas, a darnos unha pequena parte do que nos levan roubado durante anos (estes e os que estaban antes, todo hai que dicilo).

Os saldos de última hora deste verán de 2015, co PP retrocedendo eleitoralmente a toda marcha son os seguintes:


Suba salarial 1% sobre o ano 2015.

Aquela paga extra 2012: pagar outro 25% este ano. O restante, logo do que xa nos pagaron este ano (ou sexa, ficaría un 50%) pagaríano no 2016, pero iso si, só o garanten para o persoal da administración xeral do estado. O resto das administracións en canto lles sexa posible pagala. Xa sabemos que a Xunta ten outros plans. Tampouco se sabe nada do específico que nos rouban de xeito especial cada 6 meses aos da Xunta...

Taxas reposición: 100% servizos básicos: saúde, ensino, forzas de seguidade… 50% resto servizos administracións.

- Dereitos laborais-sociais: 1 día máis de asuntos propios, tamén se van recuperar os canosos pero cunha distribución diferente á que se coñecía (1 a partir de 8 trienios, 2 con 10 trienios e 3 con 12 trienios)

 En fin, xa sabemos o que hai e o que nos ofrecen, pero dende a CIG o que si temos moi claro é o que falta: as pagas extras completas, os complementos das IT´s, a recuperación salarial conforme ao IPC, todos os dereitos non económicos, etc. Todo o que veña benvido será, pero non imos ficar calados, así que imos seguir loitando.

POLA DIGNIDADE DO EXERCICIO DA FUNCIÓN PÚBLICA!

BASTA XA DE RECORTES, RECUPERACIÓN DE TODOS OS DEREITOS PERDIDOS!









Ningún comentario:

Publicar un comentario