Membros da Xunta de Persoal e outros compañeiros na comparecencia |
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, presentouse a semana pasada nos xulgados de Compostela atendendo a citación que a Fiscalía de Santiago fixo logo da denuncia presentada polas irregularidades das oposicións de Turismo de 2001 e que foron voltas a convocar este ano.
Na comparecencia, na que o representante da Xunta de Persoal acudiu acompañado polo letrado da CIG, podemos dicir que saimos con boas sensacións, as preguntas que se propuxeron foron sobre dúbidas que tiña a fiscalía sobre a denuncia presentada.
Por exemplo, unha das cuestións plantexadas pola Fiscalía era se a RPT estaba creada coas 12 prazas, ao que se lle respondeu que sobre o papel si pero que era unha RPT simulada para baleirar de contido a execución da sentenza do Tribunal Supremo, xa que se abriron plazas que non reunían os requisitos para que foran de inspectores de turismo, pero que a RPT non se modificara tal e como era perceptivo. Outras das cuestións que se aclararon foi sobre o propia proba que se efectuou logo das sentenzas, sobre isto quedou ben claro que se convirtira nun examen teórico, cando tiña que ser práctico e que tiña bastante trampa, xa que o enunciado di que "se ten que responder a todalas preguntas" e isto era materialmente imposible.
En resumo, os representantes da Xunta de Persoal saímos satisfeitos da comparecencia xa que quedou en evidencia que hai moitos indicios e que se van pedir mais probas, polo tanto cremos que dende a Fiscalía se lle está a dar toda a importancia que o asunto require. Unha das conclusións que se sacaron en común foi que a Administración incumpre moitas das normas que ela mesma esixe, así que queda ben o dito: "en casa de Ferreiro coitelo de pau".
Máis información:
A Xunta de Persoal dos SSCC presenta a denuncia polas oposicións de Turismo aos grupos parlamentares
Moi bo artigo, e mellor o fondo da nova, a ver si por unha vez se exixen responsabilidades a quen se lle teñen que exixir, sen exquecernos das pequenas corruptelas que quedan sen denunciar nas RPTs, oposicións, promoción interna, comisións de servizos, concursos, moitas das veces por falta de probas contundentes...., en fin, saúdos e bo traballo.
ResponderEliminar