Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 22 de xullo de 2015

Facenda aclara a versión de LibreOffice nas convocatorias de libre e promoción interna ao C2 por pedimento da CIG

Atendendo o escrito da CIG remitido o 30 de xuño de 2015, Facenda publicou no DOG do 22/07/2015 correccións de erros para as convocatorias de C2-libre e C2-promoción interna, aclarando que a versión de LibreOffice esixida nas probas selectivas será a 4.2.4.2.

Tal e como a CIG sinalaba no dito escrito, o cambio realizouse porque non existe a versión de LibreOffice 4.2.4 que aparecía orixinalmente nas convocatorias, podendo dar lugar a equívocos nos aspirantes que participan neses procesos selectivos.

No apartado de temarios para o C2, a EGAP puxo para descarga esta versión 4.2.4.2 do LibreOffice.

Descargar o escrito dirixido pola CIG a Función Pública o 30/06/2015
Descargar o LibreOffice 4.2.4.2 para Windows do web da EGAP
Descargar o LibreOffice 4.2.4.2 para Mac e Linux do web de LibreOffice

Ver nota no web da CIG-Autonómica

Ningún comentario:

Publicar un comentario