Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 29 de abril de 2019

Primeiro de Maio: Recuperar dereitos para avanzar

Mobilízate coa CIG! Consulta todos os lugares e horas das mobilizacións ao final da nova.


Camiñamos cara ao 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, coa necesidade de tomar as rúas para esixir un cambio real e profundo nas políticas executadas coa escusa da crise, porque segue a medrar a precariedade e a pobreza laboral e continúa a perda de poder adquisitivo da clase traballadora galega.

As novas formas de explotación laboral introducidas coas reformas laborais están a fomentar un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e un incremento das discriminacións de xénero, ao que se lle suma o desmantelamento da nosa industria, os ERE, os peches e a deslocalización de empresas.

mércores, 24 de abril de 2019

Chega a famosa batería de preguntas da funcionarización

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das baterías de preguntas, separadas por grupos e por temas, para que aleguemos, segundo nos indican, "sobre a súa redacción ou estilo"... incrible, primeiro sacan aos sindicatos dos tribunais das oposisicións e logo nos piden que participemos na redacción do que serán as baterías públicas de preguntas das que sairán as destes "procesos". Miráde e comprobade como se parecen ao que soen ser os exames Xunta...

Pasadas as eleccións, seguimos propñendo: E por que non unha promoción interna como a funcionarización? Tamén analizábamos o tema na seguinte nota: Ir aos exames das oposicións na Xunta coas preguntas e cos temarios na man.

RPT de Medio Rural: falta 1 millón de euros e non saben de onde van sacalo

Amortizan sen explicación de 181 postos de traballo, o que consideramos inadmisible.


O martes 23 de abril tivemos a primeira xuntanza pola RPT de Medio Rural. A Secretaria Xeral Técnica dixo que a modificación era debida aos cambios na estrutura e a creacion das 549 prazas de reforzo de verán de bombeiros forestais (nada de prevención, só extinción) pero que non ían tocar as oficinas agrarias comarcais nin os distritos polo de agora, a espera dun estudo de carga de traballo e organización desta administración periférica que dá servizo ao rural galego. As RPT de AGACAL e Fogga din que as están a preparar e negociaranse despois desta.

Os concursos permanentes ou como rematar co caciquismo na Xunta

Imaxinade que queda unha vacante nun lugar que vos interesa ou hai un posto de nivel apetecible. Imaxinade que a solicitades e imaxinade que a solicitan 9 persoas máis. Ata aquí nada difícil de imaxinar. Agora ben, imaxinade que o posto llo asignan a persoa que teña máis puntos segundo o baremo do último concurso. Imaxinade tamén que se puidera actualizar ese baremo no primeiro trimestre de cada ano. Poñede ese baremo nunha disposición xeral e teríamos un concurso permanente.

Na antiga lei da Función Pública se recollía que os concursos de traslados serán anuais e nunca se cumpriu; na actual, os concursos non se enfocan como un dereito senón un sistema de xestión de recursos humanos e proba disto é que borraran calquera referencia temporal. Iso cando non o enfocan como unha ferramenta de propaganda eleitoral. O V Convenio Colectivo do Persoal laboral si chega a falar do concurso de traslados permanente pero dado o xiro da funcionarización, a Xunta non parece interesada en permitirlles tampouco a mobilidade.

Alegacións ao borrador do concurso de traslados de corpos xerais

O prazo para presentar alegacións ao borrador rematou a principios de abril e desde entón nada sabemos. Achegámosvos, para insistir co tema, as alegacións presentadas pola CIG e aproveitamos para emprazar ao director xeral de Función Pública celeridade e boa fé no proceso negocial, así como o concurso aberto e permanente para todos os procesos. 

Foron moitas as persoas que nos achegaron as súas consideracións e xunto coas liñas aprobadas nos nosos órganos internos serviron de base para configurar as alegacións presentadas. A parte das cuestións previas nas que rematamos que se acabe co cachondeo nos concursos, as alegacións tocan todos os apartados: requisitos, obriga de concursar, antigüidade, méritos específicos, grao persoal, traballo desenvolvido, tempo de permanentecia, medidas de conciliación, formación, titulación, etc.



luns, 15 de abril de 2019

Se non te funcionarizas devolves a pasta da carreira

Continúa o circo do despropósito coa funcionarización: que si batería de preguntas, que si promoción interna encuberta nalgunhas categorías, que si non lle aclaran á xente os efectos sobra a súa concreta situación ou retribucións ou quen entra ou non entra, se o van ligar coa integración dos chiringuitos; agora tamén co cobro da carreira profesional.

Unha cousa é o que dicía ou o que non dicía o acordo de concertación social, o que dicía ou non dicía o director xeral da Función Pública e outra o que aparece na Orde de confección de nóminas publicada no DOG do 15 de abril. Mentres tanto o recurso da CIG contra o acordo de concertación social segue o seu camiño no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

venres, 12 de abril de 2019

A CIG gaña as eleccións nos Servizos Centrais co 38% dos votos



Saca máis de 16 puntos á segunda forza máis votada.


Tras varios anos e no lugar máis complexo e máis incómodo para facer sindicalismo de clase e combativo, a CIG segue a ser a forza máis votada e con moita diferenza sobre o resto. A pesares que pasamos de 485 apoios aos 532, perdemos 1 representación do total de delegados e delegadas obtidas no 2015, quedando con 10. Esto resulta así pola entrada en escea dunha quinta entidade sindical.

Candidaturas 1- PR 2-FC 3-IN 4-CU 5-MR 6-PS 7-SA 8-MA 9-FONTIÑAS 10-ITINER. TOTAL
CIG 53 53 59 78 43 43 67 53 29 54 532
CCOO 12 18 11 12 3 16 26 22 22 9 151
UGT 7 9 6 3 6 7 10 8 8 17 81
CSIF 33 28 36 20 21 26 27 39 22 29 281
SEPGA 27 29 49 11 33 16 43 47 34 30 319
Brancos 4 6 2 1 1 2
3 3 4 26
Nulos
2

3 2

1
8
 Descargar resultados desagregados