![]() |
| U-lo sentidiño da Xunta coa saúde do seu persoal? |
Aínda que a vacinación masiva, o uso de máscaras e a redución da interacción social é importante o feito e que os contaxios están aumentando en gran número.
![]() |
| U-lo sentidiño da Xunta coa saúde do seu persoal? |
Aínda que a vacinación masiva, o uso de máscaras e a redución da interacción social é importante o feito e que os contaxios están aumentando en gran número.
Este ano que remata foi un ano duro, todos seguimos a sufrir a pandemia e en maior ou menor medida houbo problemas en todos os ámbitos.
Dende as tradicionais problemáticas do día a día (concursos, promoción interna, procesos selectivos, teletraballo, flexibilizacións, permisos e licenzas, organización..) xúntouselle toda a casuística do COVID (máscaras, reubicación de espazos, mámparas, teletraballo COVID, xestión de contaxios etc).
Pero resistimos... e aquí estamos, grazas a tod@s polo esforzo deste ano, os servizos públicos se mantiveron pese a quen pese e polo esforzo diario de todo o persoal..
A CIG de SSCC tamén pasamos momentos malos, pero tratamos sempre de ter o local aberto, un teléfono de contacto e estar atento a todas as vosas queixas, dúbidas e reclamacións.
Só dexexarvos unhas boas festas e se aínda ledes esto a tempo que toque algo dese sorteo...
En Nadal tivemos reunións da Xunta de Persoal (onde a CIG é maioritaria) e tamén da comisón permantente, as principais actuacións desenvoltas foron:
A Xunta de Persoal de SSCC ,a proposta da CIG, aprobou na derradeira permanente un manifesto en contra das políticas de persoal da xunta de Galicia. Este acto enmárcase no contexto do Informe publicado polo Consello de Contas onde non deixou títere sen cabeza ao analizar a xestión do persoal da Xunta de Galicia por parte da Dirección xeral da Función Pública. O Manifesto podes descargalo aquí.
Para máis inri o goberno galego, por parte do seu presidente, escudouse vanalmente que parte da culpa da súa ineficacia está en que os procesos selectivos tardan porque os sindicatos piden 6 meses de tempo entre convocatoria e exames (que cara dura!!!). Ogallá só duraran 6 meses e non anos como nos teñen acostumados. Aproveitamos o texto para denunciar as principais eivas neste Titanic chamado Función Pública:
Arredor de 200 persoas, entre delegadas e persoal de servizos centrais, rodeamos este martes 23 de novembro, en manifestación, o edificio administrativo da Xunta de Galiza de San Caetano para esixir a dimisión do Director Xeral de Función Pública. É inadmisible a demora do concurso de traslados en seis meses máis, cando leva xa dous anos de retraso. Dilación que afecta tamén a outros concursos de traslados como os de corpos especiais, escalas e persoal laboral que levan, nalgúns casos, até 12 anos dende o último concurso.
![]() |
| Barreiro vaite xa! |
A cousa non mellorou e certamente empeorou e existen unha manchea de eivas na organización do persoal da Xunta de Galicia: os concursos sen convocar nen resolver, a carreira profesional parada, as comisións de servizo a moreas, os procesos selectivos dando problemas un día si e outro tamén, xa non digamos nada de como se leva o da promoción interna, etc, etc.
Nos últimos meses recibimos centos de chamadas de cabreo por estes motivos, e mañán é o día no que tedes que mostrar ese cabreo. Así, a CIG Administración pública convócavos a todas e todos o MARTES DÍA 23 AS 11.00 HORAS NA EXPLANADA DIANTE DE PRESIDENCIA.
É a hora de berrar e mostrar a nosa indignación e non queixarnos só polos corredores, na cafetaría ou nos locais sindicais.
Acude e faite escoitar!!!!!