U-lo sentidiño da Xunta coa saúde do seu persoal? |
Aínda que a vacinación masiva, o uso de máscaras e a redución da interacción social é importante o feito e que os contaxios están aumentando en gran número.
Porén, a pesar da recomendación do presidente Alberto Nuñez Feijoo de limitar a interacción social, a Administración da Xunta move cada día miles de traballadores e traballadoras públicos que usan os transportes colectivos de viaxeiros, e que conviven nos grandes centros administrativos. E lembremos que a día de hoxe hai unidades co 100% do persoal en activo sen sequera teletraballo ordinario.
As administracións autonómicas de Cataluña e o Pais Vasco, así como a propia Administración do Estado puxeron en marcha medidas de teletraballo con motivacións sanitarias antipandemia; e mesmo Portugal decretou un teletraballo masivo entre todo o seu persoal público. Tamén o Presidente do Goberno do estado español recomenda un teletraballo do 100% no persoal das administracións para baixar a incidencia pandémica.
Todo isto nos leva á CIG a solicitar que consonte ao artigo 12 do Acordo sobre prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza se implemente o Réxime especial de teletraballo obrigatorio pola a actual situación sanitaria.
E tamén que se convoque á Comisión de Seguimento para o análise e control da duración deste réxime especial, se inste ás consellerías á revisión das medidas preventivas fronte a COVID nos centros de traballo e se dote ao persoal dos EPIS adecuados así como dunha dotación de máscaras novas, xa que a última entrega se fixo hai mais de seis meses e a súa vida útil xa está mais que rematada. En calquera caso, cómpre matizar que dada a elevada transmisibilidade da variante Omicron, as máscaras de tea reutilizables (que proporcionaron ata o de agora) non son nada efectivas en interiores; a Xunta debe dotar de máscaras efectivas para evitar o contaxio nos seus centros de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario