Este ano que remata foi un ano duro, todos seguimos a sufrir a pandemia e en maior ou menor medida houbo problemas en todos os ámbitos.
Dende as tradicionais problemáticas do día a día (concursos, promoción interna, procesos selectivos, teletraballo, flexibilizacións, permisos e licenzas, organización..) xúntouselle toda a casuística do COVID (máscaras, reubicación de espazos, mámparas, teletraballo COVID, xestión de contaxios etc).
Pero resistimos... e aquí estamos, grazas a tod@s polo esforzo deste ano, os servizos públicos se mantiveron pese a quen pese e polo esforzo diario de todo o persoal..
A CIG de SSCC tamén pasamos momentos malos, pero tratamos sempre de ter o local aberto, un teléfono de contacto e estar atento a todas as vosas queixas, dúbidas e reclamacións.
Só dexexarvos unhas boas festas e se aínda ledes esto a tempo que toque algo dese sorteo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario