En Nadal tivemos reunións da Xunta de Persoal (onde a CIG é maioritaria) e tamén da comisón permantente, as principais actuacións desenvoltas foron:
- Solicitude de información das obras dos novos edificios administrativos a construir na antiga estación de autobuses.
- Solicitude de reunión co novo conselleiro de Facenda e AAPP.
- Fondos next-generation. Que pasa con eles?. Achegamos escrito a todas as secretarías xerais técnicas solicitando información de proxectos que están en marcha, persoal que participa neles, horas extra concedidas, e procedementos de selección de persoal.
- Impulso do Manifesto en contra das políticas de persoal da Xunta de Galicia.
- Elaboración dos informes de flexibilización por motivos familiares.
- Recollida de informacións sobre as concesións e denegacións de teletraballo.
Recordamos que das cinco organizacións sindicais presentes na XXPP só tres participan activamente, e dúas nin están nin aparecen. Co tempo xa informado... para que cada pau aguante a súa vela.
Calquera persoa funcionaria de servizos centrais pode poñerse en contacto connosco a través do noso correo xuntadepersoal.sscc@gmail.com pois para eso estamos, para recoller todas as vosas queixas, suxestións e demandas e tentar solucionalas. Temos o ámbito de traballo de servizos centrais e non depende de nos a solución de problemáticas xerais (concursos, procesos selectivos) pero podemos ser correa de queixa e indignación do que toque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario