Xa podes facer a reserva da túa camiseta da #mareaazul da Xunta nos locais sindicais dos servizos centrais.
Na Xunta de Galiza os recortes levan un
ritmo propio, un ritmo propio que por desgraza é máis intenso que o
doutras Administracións. Vímolo, por exemplo, cos recortes no
complemento específico da paga extra do 2013 e que veremos tamén no 2014 (consonte á lei de orzamentos vixente). Por outra banda, temos enriba da mesa a proposta de nova lei de función pública de Galiza,
unha lei que afecta a miles de traballadoras e traballadores públicos
da Administración autonómica pero tamén á Administración local e
universidades. Porén, o máis duro desta lei ímolo levar na
Administración autonómica xeral (persoal directivo, concursos
específicos, avaliación do desempeño subxectiva, carreira profesional
subxectiva…).
Por outro lado, algo que compartimos
todas e todos os traballadores públicos nesta ofensiva liberal non só
son os recortes sobre os nosos dereitos laborais e a politización da
Administración, senón os recortes sobre os servizos públicos con
amortización de prazas e privatización de servizos. Algo, isto último,
que ao final volve como un boomerang afectar aos nosos dereitos, ao
reducir o número de postos dispoñibles, por exemplo, nun concurso de
traslados ou nunha elección de destino.
Esta camiseta supón un NON aos recortes
nos nosos dereitos como única solución a todos os males das
Administracións públicas e supón un SI a defensa a uns servizos públicos
galegos e de calidade. É unha camiseta que podes vestir todos os días
pero no que se fai un chamamento especial a levala nas mobilizacións
visualizando o que nos une na defensa dos servizos públicos, non só ás
traballadoras e traballadores que os facemos posibles, senón tamén á
toda cidadanía do noso país.
Esta é unha campaña que nace no seo da
Comisión da Dignidade do empregada e empregado público formada pola
Xunta de Persoal e Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de
Galiza e que ten vocación de ser exportada máis aló do noso ámbito.
A talla da camiseta é única (grande) e
ten un prezo de 5€. Podes reservala nos locais sindicais dos servizos
centrais en persoa, por teléfono ou correo electrónico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario