Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 9 de maio de 2016

A comisión do día da marmota das instrucións de permisos, vacacións e licenzas

A semana pasada tivo lugar a consitución da comisión de seguimento de permisos, vacacións e licenzas que xa abordou as primeiras problemáticas, relacionadas sobre todo co persoal que traballa a quendas. Ao final, queda o director xeral da Función Pública en "estudar" os temas pero como tal a comisión, aínda que paritaria na súa composición, non chega a votar ningunha proposta.

Recorda un pouco ista táctica do día da marmota de "ímolo mirar e vos diremos algo" ao que pasou recentemente coa comisión da flexibilidade e teletraballo, que dixeron tamén que ían mirar as propostas da Xunta de persoal e nos dirían algo... entendemos que antes das eleccións.

ACLARACIÓN DAS “X” OU “H” NAS DIFERENTES CARTELEIRAS

Di Política Social e Función Pública que son graciábeis por parte da administración e que polo tanto consideranas como días hábiles.

A CIG manifesta:
  • Si son consideradas hábiles na maioría das carteleiras pasariámonos de xornada e a maiores se produciría solapamento entre xornadas.
  • Esta actitude o único que provoca é que se xudicialicen as relacións laborais de continuo.
  • Si as “x” ou “h” so graciábeis e non están definidas, solicitamos que nos digan que significa, e si cando figura nunha carteleira temos que ir a traballar ou non, porque si non temos que ir a traballar é surrealista que para as vacacións se consideren hábiles.

Función Pública: estudiaranno e nos contestarán.

A CIG PREGUNTA COMO SE PODEN PEDIR VACACIÓNS NO MES DE XANEIRO SE NON EXISTE CARTELEIRA

Contestan que o estudarán para solucionalo.

OBRIGATORIEDADE DE PEDIR OS DÍAS SOLTOS DE VACACIÓNS AO MESMO TEMPO QUE TODAS AS OUTRAS

Función pública interpreta que os 6 días soltos de vacacións son vacacións e téñense que pedir como as outras.

A CIG manifesta que iso é inaceptábel, que se acordou nas instrucións que as vacacións se puideran pedir así precisamente por si xorden cuestións inesperadas.

Función Pública, de novo, manifesta que o estudarán e nos contestarán.

PERMISO POR HOSPITALIZACIÓN

Preguntamos si no caso de que estando unha persoa hospitalizada para unha intervención cirúrxica, teñen que realizarlle outra intervención máis por unha causa diferente continuando hospitalizada, se considera que existe un novo permiso ou é o mesmo. Función Pública interpreta que no caso de que existan dous feitos causantes estes produciran dous permisos diferentes (foi o único positivo e directo da xuntanza).

DÍAS 24 E 31 DE DECEMBRO DE 2016

Preguntamos a interpretación de Función Pública sobre a cuestión de si as persoas que teñan o seu día de descanso semanal en sábado ou domingo e caen a 24 ou 31 de decembro teñen dereito a dous días de asuntos particulares. Manifestan que non, que soamente teñen dereito aos días a maiores as persoas que o traballen.

Dende a CIG consideramos que isto é unha discriminación absoluta e que continúan a maltratar ao persoal que traballa a quendas os 365 días do ano e en particular ao persoal da Consellería de Política Social. Manifestamos que continúan a querer xudicializar continuamente as condicións de traballo do persoal da administración galega.

CULTURA BIBLIOTECA A CORUÑA

Explicamos o que está a ocorrer na Biblioteca González Garcés da Coruña, que a dirección pretende facer unhas propias instrucións. Manifestan que están de acordo coas mesmas, despois de protestar todos os sindicaso, outra vez, dín que o estudarán.

DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS E ASUNTOS PERSOAIS AO PERSOAL QUE ESTÁ EN UNHA XUBILACIÓN PARCIAL

Manifestan que entenden que son proporcionais e que así está na páxina web de Función pública. Por exemplo, o persoal que traballe 3 meses e teña 30 anos de servizo terá dereito a 7 días de vacacións e 3 días de asuntos particulares.

OUTROS

Tamén se fala da posibilidade de mudar o permiso por falecemento de familiar de ser este no estranxeiro para que poida ser discontinuo e con posterioridade ao feito causante.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario