luns, 9 de maio de 2016

A Xunta segue sen querer cubrir o 100% das prazas do servizo contra incendios forestais

Comunicou Medio Rural que actualmente teñen sen cubrir 127 prazas (vacantes e non vacantes) das cales só se comprometen a cubrir de cara a temapada de alto risco de incendio o 50%... polas limitacións que lle pon Facenda, di Medio Rural, iso si, sen detallalas. 

Recordamos que a contratación de persoal temporal ou chamamento de persoal interino adscrito ao Servizo de Defensa contra Incendios Forestais está excepcionado dos límites orzamentarios aos chamamentos temporais debido ao seu carácter de servizo de emerxencias. Se nos servizos de emerxencia xa só queren cubrir o 50%, xa podedes imaxinar como está o resto.

Calendario de cobertura de prazas SPDCIF
  • 11 - 18 maio: Anuncio web de prazas ofertadas en adscrición provisional e/ou superior categoría
  • 25 maio: As Xefaturas territoriais farán a proposta de adscricións provisionais e/ou superior categoría e prazo para presentación de solicitude; resolución aproximada o 10 de xuño.
  • 3 xuño: Chamamentos para prazas vacantes
  • 9 de xuño: Actos de elección de prazas vacantes 
  • 17 xuño: Chamamentos para prazas non vacantes
  • 23 xuño: Actos de elección de prazas non vacantes
  • 30 xuño: Sinatura de contratos de vacantes e non vacantes

Adscricións temporais e prazas de superior categoría 

Problema de unanimidade nas 4 provincias no criterio de como contar a antigüidade para a súa concesión (perfección de trienios ou servizos efectivamente prestados). Solicítase proposta sindical ata o 18 de maio.

Persoal con contrato fixo-discontinuo

Compromiso aviso con mínimo 15 días de antelación ao comezo da campaña. Nos contratos de 3 meses, non queren oír falar do aumento do tempo de contratación. Din que están estudando o tema da problemática dos contratos a nivel Seguridade Social e Desemprego.

Bombeiros/as forestais

Segue bloqueado o cambio de denominación da categoría por parte de Función Pública. Solicítase mediación de Medio Rural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario