Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 24 de maio de 2016

Chamamento da CIG para que os nosos fillos e fillas non realicen as reválidas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG-Ensino, realizou nas últimas semanas unha intensa campaña contra a LOMCE e as reválidas, co obxectivo de que as familias non enviasen os seus fillos e fillas a facer as probas xerais de primaria.

Máis do 80% do alumnado de 6º de Primaria non realizou a reválida. Por iso, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valora como un rotundo éxito e un estrepitoso fracaso da Consellaría esta insubmisión a unhas probas inútiles que en nada benefician o proceso ensino-aprendizaxe e a calidade do ensino.
 
Agora faise un chamamento para que continúe ese rexeitamento maioritario á revalida de 3º de Primaria non enviando os nenos e nenas ao colexio os días 24 e 25 de maio, días previstos pola Consellaría para realizar estas probas. .

Temos nas nosas mans evidenciar o fracaso desta medida e facilitar que se supriman as reválidas, non só as de primaria, senón tamén as de ESO e bacharelato, que teñen intención realizar para o vindeiro curso e que son un requisito imprescindíbel para conseguir os títulos correspondentes.

Aproveitamos para achegar o modelo de escrito que está a distribuír a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entre as familias co que podes amosar o teu rexeitamento ás reválidas. Accede ao escrito nesta ligazón.

Novas relacionadas:
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario