Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 24 de maio de 2016

Fondo solidario de libros de texto e axudas á adquisición de libros (até 23 de xuño)

A CIG informa que xa está publicada a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e xa se poden solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016/17.

As axudas están destinadas ás familias con alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, en centros docentes de Galiza sostidos con fondos públicos.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2016/17 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Porén, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos nesta orde.


No fondo solidario de libros de texto pode participar o:
  • Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Alumnado matriculado 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria.
Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso 2015/16 e asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto vai destinada ao:
  • Alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.
  • Alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO.
  • Alumnado matriculado en educación especial.

A axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Neste caso a axuda será de 50 euros.
 
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2016.

Toda a información pódela consultar na seguinte ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario