Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 18 de maio de 2016

Conciliación na Xunta: acábase co absurdo de non poder flexibilizar os venres pola tarde e pouco máis

Recentemente a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais presentaba un escrito que motivaba as últimas convocatoria da comisión de seguimento de xornada laboral, flexibilidade e teletraballo. 

Na xuntanza da semana pasada da Comisión de seguimento da flexibilidade e do teletraballo, o director xeral de función pública comunicou dous cambios na normativa actual, de todas as peticións das organizacións sindicais feitas na xuntanza anterior. Acábase co absurdo de non poder flexibilizar os venres pola tarde pero este cambio en materia de conciliación é o único que aceptan abertamente respecto a todas as medidas postas enriba da mesa, algo que consideramos insuficiente.

Van modificar a normativa para:
  • Ampliar da flexibilidade horaria desde as 9:00 ata 18:30 (ou 20:00 se permanece aberto o centro) de luns a venres; ata o de agora os venres só ata as 15:30h. 
  • Ampliación do horario ata as 20:00 nas Oficinas de emprego e outros centros sempre e cando o persoal teña a chave da oficina (actualmente era ata as 18:30 h tamén con este requisito).

Do resto de cuestións só quedan en mirar o do teletraballo e o da ampliación da xornada de verán intensiva adaptándoa á da Administración Xeral do Estado, de 1 de xuño a 30 de setembro. Como a virxe do puño, pero nótase o bo rollito previo as eleccións.

Nada de que o exceso do computo horario que se produza nun mes se poida descontar no mes seguinte (bolsa de horas positiva), da redución do horario de presenza obrigada ou da reformulación do teletraballo. Insistimos.

Si houbo resposta cos seguintes temas:

- Trasladámoslle á administración a recomendación realizada pola Valedora do Pobo, en relación a concesión dos 3 días semanais de teletraballo que se solicitan e que non se reduzan a 1 so dia. Tamén lle solicitamos que se inclúan nos listados mensuais a información tanto dos días solicitados coma dos días concedidos. A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa resposta que terán en conta incluír os datos solicitados nos listados. Indica tamén que ten coñecemento da recomendación da Valedora do Pobo, indicando que está relacionada cun silencio administrativo.

- Incorporación á nosa normativa do epígrafe 7.2 da Resolución do 28 de decembro de 2012 que afecta aos traballadores da Administración do Estado: “Por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, os empregados públicos con fillos, descendentes ou persoas suxetas a súa tutela ou acollemento de ata 12 anos de idade, poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva dende o 1 de xuño e ata o 30 de setembro de cada ano. Este dereito poderá exercerse tamén no ano en que o menor cumpra a idade de 12 anos”. O director de Función Pública di que estudará a súa incorporación.

- Volvemos facer finca pé na diferenza de dereitos horarios entre o persoal que traballa a quendas co resto do persoal, sobre todo a nivel de redución de horarios de verán ou de festividades. Polo que solicitamos unha revisión. O director de Función Pública comenta que se están a estudar os datos das horas anuais de traballo dos afectados en relación co resto dos traballadores, e que se nos facilitarán os datos para poder valorar e tomar unha decisión.
  
Por último:
  • Solicítase o dato estatístico porcentual das causas de negacións de flexibilidade. Tamén se solicita que os datos sexan desagregados por sexo.
  • Indícase que non hai criterios homoxéneos nas distintas consellerías, direccións xerais e subdireccións para a denegación ou para admisión de peticións de flexibilidade por conciliación ao persoal. 
  • Solicítase a creación dun protocolo ao persoal a quendas para poder ter unha flexibilización horaria como o resto dos traballadores.

Novas relacionadas: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario