Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 9 de maio de 2016

A AMTEGA pasa do persoal informático da Xunta

O día 12 de febreiro houbera unha reunión coa AMTEGA na que se falou da súa RPT, do vindeiro concurso de traslados e da homologación salarial do grupo III-091. Quedaron en varias cuestións pendentes, que nos ían reunir en marzo e patatín e patatán e a día de hoxe seguimos sen resposta. Iso sí, o que lle interesaba que era a modificación puntual da RPT "ad hoc" para traer unha persoa do concello de Santiago, iso si que foi rápido e xa está finiquitado.

A semana pasada diriximos un escrito ao Xerente cos seguintes puntos:

- Concurso de traslados escalas informática: Na Mesa Xeral do 11 de marzo cometáronnos que non había inconveniente de convocalo pero que tería que haber unha proposta formal da AMTEGA. A día de hoxe non temos constancia desa proposta.

- Homologación salarial persoal laboral grupo III-091: Este complemento hai xente que o está cobrando e xente que non. Solicitámoslle, outra vez, a listaxe de RPT na que figure a liña orzamentaria de cada un dos postos afectados e se está a cobrar ou no o complemento informático equivalente do persoal funcionario.

- Teletraballo: seguimos con queixas do persoal da AMTEGA sobre este tema, nomeadamente, persoas que solicitou ata 3 xornadas a semana e só se lle está a conceder 1; tema que xa chegou á institución do Valedor do Pobo.

Novas relacionadas:

4 comentarios:

  1. Están moi ben as queixas pero tampouco estaría de máis que algún de vos se acordara de que o persoal laboral fixo levamos máis de 20 anos sen promoción interna ni posibilidade de participar en ningún tipo de concurso dende que se funcionarizou a escala e nos deixaron a nós sen funcionarizar. Está claro que iso vos importa un carallo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O tema de concurso e promo do persoal laboral vai máis ben encamiñado contra Función Pública, que non hai concursos separados por categorías, como si o persoal funcionario en determinadas escalas e aí si ten moito que dicir AMTEGA. O concurso de persoal laboral (e a reivindicación do permanente) así como a promo interna si que importa a este sindicato (e creo que a calquera), outra cousa é que cando algo afecta a uns traballadores e non a outros, os outros pasen e viceversa. En calquera caso, que nunha ocasión se centre unha nota nunha cuestión e non noutra, non quere dicir que se esquenzan as outras reivindicacións e ao outro persoal, é de lóxica.

      http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2016/04/a-cig-denuncia-o-acordo-asinado-por.html

      http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2016/02/moita-atencion-todos-os-que-preparan.html

      http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2015/11/a-manifestacion-pola-derrogacion-da-lei_27.html

      Por certo, o último concurso de persoal laboral foi no 2011 separado en grupos V e logo o do IV,III,II e I. O problema de fondo do persoal laboral é que hai categorías nas que o concurso é case imposible pola escasez de postos Algo que vai, sen frenos e costa a baixo,en común co resto de prazas públicas, tendo en conta a decisión política de privatización e amortizacións de prazas. Non, non nos importa un carallo pero agradécese a opinión e que a xente fale e se queixe, discuta, pero que tamén nos apoiemos unhas ás outras (e viceversa) que boa falta fai algo de solidariedade entre clase traballadora.

      Eliminar
  2. Boas.
    Onde pon "Homologación salarial persoal laboral grupo III-019"
    debería por "Homologación salarial persoal laboral grupo III-091".
    Un saúdo.

    ResponderEliminar