Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 23 de febreiro de 2017

A Xunta de Persoal demándalle a Xunta transparencia coas sentenzas de indefinición

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais dirixiu escritos ás distintas secretarías xerais técnicas solicitando información dos últimos datos derivados das sentenzas de indefinición en base a demandas xudiciais de subcontratación ilegal nas que se condena á Xunta.

Non é a primeira nin a última vez, xa se ten denunciado publicamente a falta de transparencia neste tema, mesmo ante a Valedora, así como a nula esixencia de responsabilidades como recolle a lei. A continuacións damos conta dos escritos dirixidoas ás secretarías xerais técnicas das distintas consellarías esixindo información:

<<Xa dende o inicio da Administración autonómica téñense dado centos de relacións fraudulentas de traballo que remataron nunha  relación de indefinición; na que a Xunta de Galicia ben por activa ou ben por pasiva deixaba a creación de moitas prazas non nas mans dos técnicos de personal senón no bo entender dun xuíz do social.

Este cúmulo de despropósitos de xestión, enchufismos e malas praxis de política de recursos humanos, ten xerado frecuentes preocupacións no personal público que accedeu por un procedemento público, competitivo e reglado.

En certa maneira todo cambiou a nivel teórico a partires, primeiro do EBEP que intentaba solucionar este tema; que xa era unha grande bola de neve;primeiramente a través de procesos de consolidación (agora ameazados coa funcionarización); e segundo a través da aprobación da Lei  2/2015 do Emprego Público de Galicia que dí literalmente:

Artigo 28. Persoal laboral indefinido

1. As relacións de postos de traballo serán obxecto das modificacións necesarias para axustalas á creación de postos derivados de sentenzas xudiciais firmes que recoñezan situacións laborais de carácter indefinido, cando a persoa afectada non poida ser adscrita a un posto de traballo vacante. A proposta de modificación da relación de postos de traballo deberá efectuarse no prazo máximo de tres meses, contados a partir da data da firmeza da sentenza xudicial.

2. Os postos de traballo creados en aplicación do previsto neste artigo incluiranse nas correspondentes relacións de postos de traballo como postos de persoal funcionario ou, excepcionalmente, de persoal laboral cando a natureza das súas funcións así o requira, e incorporaranse á oferta de emprego público, a non ser que se dispoña a súa amortización.

3. Unha vez modificada a relación de postos de traballo, a persoa afectada será adscrita ao posto de nova creación.

4. Incorrerán en responsabilidade, nos termos previstos por esta lei, as persoas que coa súa actuación irregular dean lugar á conversión en indefinida dunha relación laboral de carácter temporal ou á adquisición da condición de empregado público por unha persoa que non a teña.

A  propia Lei de Orzamentos Galicia para a ano  2017 aprobada hai uns días mesmo reflicte esta problemátca no seu artigo 14.2 expresándose nestes termos:

14.2. Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Nos contratos farase constar a obra ou o servizo para cuxa realización se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, que puideren derivar no recoñecemento como persoal laboral indefinido non fixo, poderán dar lugar á exixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Pois ben baseándonos nestes textos legais e tendo en conta a nova política de transparencia augurada por este goberno (inauguración dun Portal de transparencia onde aparecen multitude de datos da Administración e relacións do seu personal), e dende o propio ámbito de Servizos Centrais;


SOLICITAMOS:

a) Número de sentenzas de indefinición habidas por consellerías dende Maio de 2015 ata o día de hoxe.

b) Número de demandas nos xulgados ata día de hoxe tamén desagregadas por consellerías.


c) Situación actual de cada praza creada; ou sexa se foi creada de  personal laboral, funcionario, amortizada ou en vías de concurrencia competitiva.

d) Número de expedientes abertos por contratacións irregulares seguindo o artigo 28.4 da Lei de Emprego Público de Galicia. >>

Notas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario