Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 23 de febreiro de 2017

Oferta Pública de Emprego Precario na Xunta: 7 bolsas de "formación"

A falta da formalización da Oferta de Emprego Público para 2017, na Xunta xa van adiantando traballo (en precario) e convocando varias bolsas de "formación" que agocha un abuso laboral para cubrir a falta de persoal propio.

No DOG do 17 de febreiro convocávanse 4 bolsas para traballar na Dirección Xeral de Comercio e Consumo. Perdón, na teoría, para "formarse en temas de comercio". Son as 4 bolsas que convocan todos os anos para suplir a falta de persoal propio nunha unidade administrativa que actualmente conta con 14 traballadoras e traballadores. Un pouquechiño desproporcionado de máis a ratio de bolseir@ para o cadro de persoal e que indica unha necesidade estrutural de persoal desta dirección xeral.


No DOG do 21 de febreiro convocáse 1 bolsa para traballar na EGAP en "estudos relacionados co dereito administrativo", en fin, en todo o que lle manden. Xunto con esta bolsa a EGAP soe sacar outras moi variopintas ao longo de todo o ano, como a da "área da ciencia económica no sector público", a bolsa de formación na "área de documentación e biblioteconomía" ou a de "competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación". Suma e segue.

No DOG do 23 de febreiro o Instituto Galego de consumo convoca 2 bolsas: unha para traballar na Escola Galega de Consumo e outra no Consello Galego de Consumidores e Usuarios. A defensa dos dereitos das persoas consumidoras tamén en mans de persoas que traballan en negro.

O abuso que se da das bolsas de "formación" e a precarización do traballo é vergoñento e máis vergoñento é aínda provindo dunha Administración pública. A clave do abuso é que a formación non é tal e o que hai é traballo que se aproveita, creando o caldo de cultivo ideal para denuncias por subcontratación ilegal. O caso é que abusan da desesperación das nosas mozas e mozos que non atopan un traballo digno na nosa terra para aceptar as bolsas como o mal menor e ter algún ingreso, aínda que sexa sen os dereitos inherentes ao traballo legal.

A Administración debera ser a primeira en dar exemplo coa prestación duns Servizos Públicos dentro da legalidade e profesionais e deixar de aproveitarse da desesperación da nosa mocidade. Non hai porque recurrir ao traballo en negro legalizado das "bolsas de formación",  hai contratos de prácticas ou formación e, tratándose de Administración públicas, se hai necesidades estruturais, a crear os postos en RPT. 

NON MÁIS BOLSAS POR TRABALLO

Ningún comentario:

Publicar un comentario