Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 23 de febreiro de 2017

A Xunta de Persoal solicita unha reunión sobre o malestado do edificio de San Caetano

A degradación e avellentamento dos edificios do antigo cuartel de San Caetano (hoxe en día Bloques 1-2-3) das dependencias administrativas da Xunta de Galicia faise patente no día a día do traballo do personal que presta os seus servizos nestas dependencias.

Desconchamentos por humidades, filtracións de auga, desprendementos da fachada, ventanas que filtran aire, baños desvencellados e en xeral un mal estado de gran parte do edificio xa foron denunciados por esta Xunta de personal en anos anteriores.

Por outro lado temos o problema do mal estado xeral dos sotos, agravado pola presenza de gas RADÓN (tema xa demandado desde o Comité de Saúde Laboral sen que se fixera nada) que pode ser mitigado, aproveitando esta intervención, cunha reforma das placas dos sotos e a aplicación de aillantes específicos.

Coñecedores da intención do Goberno galego de proceder a unha reforma integral deste edificio, e co fin de intercambiar opinións e demandas sobre as futuras obras, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais vén de solitar unha reunión coa Subdirección xeral de Coordinación e Servizos transversais, para tratar estas problemáticas e futuras solucións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario