Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 2 de febreiro de 2017

A EGAP publica o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017

No DOG do 02/02/2017 publícase o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017 do persoal das administracións territoriais, institucionais e entes instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e da administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

A execución das accións especificadas no anexo a esta resolución levarase a cabo de conformidade co crédito orzamentario dispoñible e co estipulado en cada convocatoria. Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan os empregados públicos deberán formalizar a súa matrícula unha vez publicadas as correspondentes convocatorias no Diario Oficial de Galicia.

Respecto ao Plan de autoformación, o director da Función Pública asegurou, na última xuntanza do Consello Reitor, que para o vindeiro concurso xa o ían ter en conta automáticamente sen chegar ás reclamacións por escrito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario