Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 24 de febreiro de 2017

Modificación de xornada de Entroido: martes 28 de febreiro e mércores 1 de marzo

Tal e como todos os anos, saca a Xunta, cun par de días hábiles de antelación, a tradicional resolución anual de modificación de xornada para luns e martes de entroido (festivo local en moitos concellos).

En teoría, a dita modificación está dirixida a todas as empregados e empregadas públicas da Administración xeral e consiste nunha redución de xornada de 1:15 á partires das 14:00h o martes e de 1:15h ata as 9:00h do mércores. A esta redución habería que aplicarlle as peculiaridades do réxime de flexibilidade horaria tal e como figura no comunicado da Dirección Xeral da Función Pública.

Aínda que non indica nada na comunicación, e dado o contido desta, enténdese que esta modificación só opera para o persoal que teña horario de réxime xeral, con ou sen algún tipo de flexibilidade horaria. Así pois, non se lle aplica ao persoal con réxime de quendas, ao que como no caso do horario de verán, non se lle compensa de ningún xeito esta redución horaria, sufrindo un claro prexuízo.

Por outra parte, con esta pouca antelación, non sabendo cada ano se vai haber ou non redución, pouco se pode conciliar estes días, que por certo, son vacacións escolares. Debería estar recollida de xeito permanente na Orde de xornada laboral como o está o horario de verán e ser compensadas para todo o persoal da Xunta que por razóns do servizo non poida gozalas.

Nos Servizos Centrais, comunícase tamén o cambio de horario das persoas que utilizan o transporte da empresa Mombus que o martes, 28 de febreiro, se adianta a saída dos buses ás 14.10h desde a estación de buses e o mércores, 1 de marzo, atrásase nunha hora respecto o horario normal a saída destes desde os distintos puntos da xeografía do país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario