Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 14 de febreiro de 2017

Cambios nalgúns permisos para o persoal da Xunta a golpe de sentenza xudicial

No DOG do 13 de febreiro de 2017 publícase unha modificación das instrucións de vacacións, permisos e licenzas (DOG do 4 de marzo de 2016).

A dita modificación vén imposta por sentenza xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que ditaminou como ilegal a redación actual con relación a limitación do exercicio de dous permisos: o de enfermidade grave e/ou hospitalización dun familiar e o de redución de xornada con retribución por atender ao coidado de fillos/as menores de idade.

Por unha banda,  de agora en diante, os días de permiso por enfermidade grave dun famliar, son completos, aínda que a hospitalización ou o repouso rematen antes. E pola outra a redución de xornada mencionada pasa a ser non só de "ata 4 horas" senon de "polo menos 4 horas". Ámbalas dúas redaccións consonte á lei.

A orixe destas modificacións está nunha cuestión de ilegalidade formulada polo xulgado nº3 do contencioso-administrativo da Coruña. Esta acabou no TSXG que finalmente ditaminou que a redación anterior das instrucións de permisos da Xunta resultaba ilegal en varios puntos e que debía ser modificada e publicada de novo.

Estas modificacións benefician ás traballaoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza e supoñen cumprir coa lei. O que é unha lástima é que a Administración autonómica ande a rabuñar tales dereitos legalmente adquiridos. A pesar de que tivo bastante repercusión mediática, desta volta na Xunta non sacaron ningún comunicado, canto menos, "acatando a sentenza xudicial".

As modificacións prodúcense nos seguintes permisos:

Permiso por falecemento, accidente grave, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar (instrucción sexta)

Para o cómputo dos prazos na mesma ou distinta localidade tomarase como referen cia o termo municipal da residencia habitual da persoa funcionaria ou laboral. 
No caso de intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario, será a localidade en que se realice o repouso domiciliario a que se debe tomar como referencia con respecto ao termo municipal da residencia da persoa funcionaria. Neste caso,  se os días de repouso domiciliario son inferiores ao tempo máximo deste permiso, este quedará limitado aos días do repouso domiciliario.

No caso de hospitalización, entenderase que esta se produce cando implique a estancia hospitalaria que inclúe unha noite e unha comida principal no centro hospitalario. Neste caso, se os días de hospitalización son inferiores ao tempo máximo deste permiso, este  quedará limitado aos días de hospitalización, agás que esta hospitalización leve consigo repouso domiciliario. Neste caso, este tempo computarase para completar o período máximo permitido.

Reducións de xornada con retribucións (instrución vixésimo primeira)

Para atender o coidado do fillo menor de idade por natureza ou adopción, ou nossupostos de acollemento preadoptivo, permanente ou simple dun menor, que padeza cancro (tumores malignos, melanomas e carcinomas) ou calquera outra enfermidade graveconcederase unha redución por horas completas de ata catro horas ou a metade da duración da xornada de traballo diaria, polo menos catro horas da xornada de traballo diaria (...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario