Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 17 de febreiro de 2017

A EGAP convoca 255 actividades formativas para o persoal da Xunta de Galiza

A EGAP publica no DOG do 17 de febreiro a primeira convocatoria de actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma galega. Nela ofértanse un total de 255 actividades formativas e 9738 prazas (ver anexo II da convocatoria).

O prazo de matrícula vai desde as 8 horas do 18 de febreiro ata as 14 horas do 27 de febreiro. O número máximo de solicitudes por persoa será de seis cursos. As solicitudes fanse exclusivamente a través de http://egap.xunta.gal/matricula

Destinatarios:
  • os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma galega.
  • o persoal que presta servizos nas entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia e nas institucións públicas autonómicas poderá acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes. Este persoal, ademais da matrícula web,  deberá enviar a xestion.egap@xunta.gal, dentro do prazo de matrícula, un certificado que indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.
  • cando así o estableza a epígrafe "destinatario" dunha actividade concreta, poderán acceder empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario