Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 10 de febreiro de 2017

A maquiavélica decisión da Xunta para aforrarse os cartos de 4.000 despedimentos

Mentres estes días se fala moito das indemnizacións do persoal interino, as Administracións públicas vanse cubrindo as costas, en previsión dunha posible avalancha de indemnizacións. É o caso da Xunta de Galiza. O Goberno de Alberto Núñez Feijóo anunciou que vai aprobar a transformación de miles de traballadores laborais temporais e indefinidos en persoal funcionario interino. Isto que a primeira vista parece unha excelente noticia para estes traballadores é en realidade unha “xogada maquiavélica”.

O que vai facer a Xunta é cesar a miles de empregados temporais sen indemnización” Isto é, transformando os seus contratos de persoal laboral non fixo en persoal funcionario interino. A sentenza europea ten aplicación directa sobre o persoal laboral temporal, que terían dereito de indemnización, algo que non está claro no caso do persoal funcionario interino. Despois de pasar dun status a outro, en dous ou tres meses, pode haber un concurso de traslados (ou toma de posesión de procesos selectivo) que suporía quedar na rúa se un persoal funcionario de carreira pide o posto que ocupan, sen compensación algunha polos anos traballados anteriormente.

Tampouco está claro que teña dereito a ser indemnizado o persoal laboral que non acepte esta chantaxe e non queira pasar a ser persoal funcionario interino. É un vicio de consentimento como un templo. Ao xuízo de persoal xurista experto, o que fai o goberno galego é “fuxir” da aplicación das sentenzas europeas e “buscar argucias legais”.

Nunha entrevista en La Voz de Galicia, o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, explicaba que a transformación destes 8.000 laborais obedece a un “proceso de modernización” para “evitar a fragmentación das condicións de traballo”.  Modernización é un bonito eufemismo para dicir que te poden botar á rúa sen un € de indeminización despois de anos de traballo e vai logo a reclamarlle ao xulgado do contenciososo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario