Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 18 de maio de 2017

Inspección de Traballo requírelle a Medio Rural a aplicación dos plans de acción logo da denuncia presentada pola CIG

No pasado Mes de Marzo a CIG iniciou unha campaña a nivel nacional co obxectivo de acadar o cumprimento dos plans de acción pertencentes ó Plan de prevención de riscos para o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

Unha das accións que se desenrolaron nesta campaña foi a denuncia en Inspección de Traballo das xefaturas de distrito e xefatura provincial de incendios como responsábeis da non aplicación dos plan de acción, tal e como marcan os decretos de regulación e os propios plans de acción.

Lembramos que os plans de acción, pertencentes ó plan de prevención de riscos, son un documento participado e supervisado pola empresa, que recolle as medidas correctoras que se aplicarán no desenrolo das diferentes tarefas, neste caso todas pertencentes ós traballos de extinción. Nos mencionados plans, aparece o tempo para acometer as correccións e os responsábeis de que isto aconteza. En función disto foron
presentadas as denuncias.

Pois ben, logo de denuncialo na prensa, notificalo á empresa por escrito en varias ocasións, así como ter informado ós diferentes comités que velan polo cumprimento, comezamos a ter os primeiros resultados, neste caso en Ourense, coa resolución de Inspección de traballo.

Así na denuncia, aparte de presentar como parte da denuncia o incumprimento xeneralizado dos plans de acción, tipificamos as faltas de maior gravidade sobre os traballadores e traballadoras do SPDCIF.

Na resolución da denuncia presentada pola CIG, infórmase que se mantivo comparecencia co xefe provincial do SPDCIF de Ourense, e que se lle fixo requirimento para que no prazo de dous meses se corrixa o seguinte:
  • Facilitar información sobre os plans de acción e as fichas f-01 (que informan de como atenuar os perigos en cada acción analizada) a plantilla do SPDCIF en Ourense.
  • Se corrixa a ausencia do almacenaxe de comida non perecedoira para as brigadas, protección das substancias combustíbeis nos vehículos, equipos de respiración de emerxencia, sistemas de comunicación e formación en condución todo terreo (lembramos que nos plans de acción recollese a necesidade de que todos os compoñentes das brigadas deben ter equipo de comunicación individual, así como equipos de respiración de emerxencia por unidade de actuación).
A propia resolución indica que no prazo de dous meses procederá a verificar si se acometeron estas correccións.

Dende a CIG valoramos moi positivamente esta resolución e estaremos vixiantes para que este apercibimento torne en feitos, e así dunha vez por todas, Medio Rural se tome en serio o cumprimento duns plans deseñados e pagados por eles mesmos, onde o seu incumprimento compromete a integridade física dos seus traballadores e traballadoras. A CIG non vai a parar ate acadar o cumprimento duns plans, que aínda que son moi mellorábeis, son de obrigado - e imprescindíbel - cumprimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario