Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 3 de maio de 2017

A Xunta aumenta en 500.000€ a axuda a medios privados para que sexan "máis plurais e independientes"

Serán 1.675.000 € os que de partida destinará o Goberno galego a subvencionar o funcionamento das empresas xornalísticas e de radiodifusión privadas e que, ano tras ano, recaen nos grupos de sempre.


A convocatoria destas subvencións de concorrencia non competitiva foi publicada no DOG do 3 de maio. A gran diferenza respecto ao ano pasado son 540.000€ de orzamento que aumentan de inicio. Ben é certo que nos anos anteriores esta dispoisicón incial de 1.135.000€ sempre chegaba aos 1.675.000 cunha máxica ampliación de crédito poucos meses despois.

O curioso é a motivación desta subvención sen concurrencia competitiva nos tempos que corren: a liberdade de expresión e fomentar uns medios "máis plurais e independentes". Para mexar e non botar gota. Por suposto, e como todos os anos, seguindo coa fina ironía da convocatoria, tamén se busca a potenciación da lingua e cultura galega, "a galeguidade". 

Precisamente unhas axudas que van aos grandes grupos de sempre, de sobra coñecidos, entre outras, por usar o galego de xeito residual. Aquí a pasta que se lle outorga a cada grupo é directamente proporcional á difusión destes, ou sexa que canto máis grandes, máis reciben e así se fomenta a pluralidade...

Logo fican os convenios das distintas consellarías e os contratos de publicidade institucional por onde se van millóns de euros sen unha utilidade real para a cidadanía que poderían ser destinados a menos propaganda a favor do Goberno e maior calidade dos servizos públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario