Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 31 de maio de 2017

Arquivos públicos para que non pase coma cos contratos de Marcial Dorado

No ano 2015 o Parlamente galego aprobou (a proposta do Goberno) a primeira Lei de Arquivos que tivo este país. Non foi unha lei imposta, foi un texto elaborado e reelaborado dende o ano 2011 que tivo varias modificacións e recortes ata quedar ao gusto do gobernó e do parlamento; recordemos en maioría do mesmo partido que dirixe hoxe Galicia, o Partido Popular.

Pois ben, estes días acábase de aprobar a Modificación de Relaición de postos de traballo (RPT) da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA); axencia que move e produce ao ano miles e miles de documentos (tano en formato electrónico e formato papel), e que necesitan unha xestión documental axeitada e non un mero almacenamento en naves de empresas privadas ou o que é peor perdas masivas ou eliminacións incorrectas.

Nestas negociacións para aprobar a dita RPT a CIG reiterou a necesidade da existencia dun técnico/a especializado na materia, non porque detectaramos ese traballo estructural senón porque temos una Lei que o dí:

LEI 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

Artigo 38. Arquivos centrais
1. Existirá un arquivo central en cada consellaría e opcionalmente, cando non estea creado un arquivo xeral territorial, en cada xefatura territorial dela dependente, así como naqueles organismos que posúan personalidade xurídica propia.
2. Os arquivos centrais definen, implantan e manteñen, no ámbito dos órganos e entidades mencionados no artigo 35, o sistema de xestión documental, de acordo coa normativa técnica e as directrices do órgano coordinador do Sistema e as instrucións da persoa titular da secretaría xeral ou do correspondente órgano directivo.
3. Os arquivos centrais realizarán as transferencias de documentos que lles correspondan ao Arquivo de Galicia ou, se é o caso, ao arquivo intermedio ou histórico xestionado pola Xunta de Galicia da súa demarcación territorial.
4. Os arquivos centrais asesorarán o persoal responsable dos arquivos de xestión e coordinarán a súa organización e funcionamento.
5. Á fronte de cada arquivo central haberá unha persoa do corpo facultativo superior de arquivos, nos termos que estableza o plan previsto na disposición transitoria segunda e de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, tras a correspondente modificación da relación de postos de traballo.


O caso é que excusándose nas dispoñibilidades orzamentarias, non crean nin este arquivo, nin nengún en moitas consellerías; lease: Mar, Presidencia, Educación, Sanidade, Territorio, Economía, Medio Ambiente....; pero sí que hai dispoñibilidade orzamentaria para seguir pagando a empresas externas a xestión documental de varios departamentos e facer macrocontratos con Severiano Gestión, Boquete, David Mudanzas, etc..

Estes días sairon na prensa problemas gravísimos de xestión de arquivos en Xustiza, no Concello de Lugo, na Deputación de Ourense, e na nosa casa xa cáseque ninguén recorda os famosos “papeles de Feijoo”, aqueles contratos de Sanidade con Marcial Dorado que se perderan nun colexio de Vigo, e que ninguén quiso nin poido investigar.

A este Goberno sempre se lle enche a boca ao decir que hai que cumplir ás leis, pero cando é o poder o que o ten que facer, non segue o mesmo raseiro.

Este é un bo exemplo de como ao poder non lle interesa a xestión documental, pois eso leva consego a transparencia, e mitiga as corruptelas, no fondo unha boa xestión documental é unha actividade fornecedora da democracia.

E neso andamos, a ver se na próxima RPT nos fan máis caso. Pola CIG non vai ser.....

Ningún comentario:

Publicar un comentario