Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 3 de maio de 2017

Previsión de publicación do que queda do Fondo de Acción Social 2016

Comunican desde Función Pública que o 8 de maio é a data prevista para a publicación no DOG dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) 2016 para a axuda para a atención de persoas con discapacidade, a única que existe desde 2011.

O FAS veuse recortado na súa maioría pola Lei de medidas de 2012, que en principio era para 2 anos, e aí quedou o recorte por moita "recuperación económica" que anuncien, cunha asignación "social" que só ten en conta á atención de persoas con discapacidade. Anteriormente se tiñan en conta outras circunstancias como fillos/as menores, persoas maiores a cargo, estudos, adquisición de viveda, gastos sanitarios ou xubilación.

Os prazos previstos do FAS 2016 son os seguintes:

Do 8 de maio ao 30 de maio (inclusive): prazo para realizar a instancia na web e presentala no correspondente servizo de persoal.

Do 31 de maio ao 20 de xuño (inclusive): prazo para a certificación da instancia polos correspondentes servizos de persoal.

Do 21 de xuño ao 11 de xullo (inclusive): prazo para presentar a solicitude conformada polo servizo de persoal e a demais documentación.

Porén, como outros anos, non é necesario esperar o remate do primeiro prazo para facer o resto dos trámites.

Ningún comentario:

Publicar un comentario