Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 10 de maio de 2017

Convocatoria de prazas nas Escolas Infantís para as crianzas do persoal da Xunta

No DOG do 10 de maio publícase a convocatoria do procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia en escolas infantís da localidade onde presta servizos. Atención: o prazo remata o 20 de maio.

Dúas novidades moi importantes, a obriga de presentar electrónicamente e extensión da reserva de prazas ao persoal de todas as xefaturas territoriais. Non era sen tempo, despois de tantos anos, ampliar esta reserva a escolas infantís máis aló de Compostela, Vigo e Pontevedra.


As escolas infantís dispoñibles son as seguintes:
  •     Escola infantil de Vite en Santiago de Compostela.
  •     Escola infantil Santa María de Oza na Coruña.
  •     Escola infantil Catabois en Ferrol.
  •     Escola infantil Sagrado Corazón en Lugo.
  •     Escola infantil Antela en Ourense.
  •     Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra.
  •     Escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo.

As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: 11/05/2017 a 20/05/2017.

Ningún comentario:

Publicar un comentario