Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 4 de maio de 2017

Mobilizacións contra o bus da xenreira de HazteOír

A CIG rexeita o paso do “bus da xenreira” da organización ultracatólica Hazte Oír polas rúas de Galiza

 

A central sindical anima a participar nas concentracións convocadas a prol da diversidade sexual e dos dereitos das persoas LGTBI

A CIG denuncia a hipocrisía do goberno do Partido Popular, quen aprobou hai un ano o Protocolo educativo para garantir a Igualdade de xénero, a non discriminación e a liberdade de Identidade de xénero dxs menores trans", mais permite e consinte que a organización ultracatólica Hazte Oír pasee o bus polas rúas de Compostela e en vindeiras datas noutros lugares de Galiza.

Non é casual que o bus se desprace ao noso país o día anterior a que as organizacións ARELAS, AMIZANDO e ULTREIA se reúnan no Parlamento para achegar aos grupos políticos a iniciativa de poñer en marchar unha Lei galega de Identidade de Xénero que recoñeza os dereitos do colectivo trans, e ás portas da conmemoración dun novo 17 de maio Día internacional de combate da LGTBI fobia.

É preciso abordar a diversidade afectivo sexual desde un enfoque global que axude a previr calquera discriminación homofóbica e transfóbica e revisar a cultura heteronormativa que existe na sociedade. Poñer en marcha políticas reais antidiscriminación e antiacoso que especifiquen a orientación afectivo sexual e a expresión de xénero; formación do profesorado, dos servizos sociais e de saúde para saber cómo actuar naquelas situacións de acoso e vitimización relacionadas   coa   orientación   afectivo sexual   e   a   expresión   de   xénero; introdución no currículo de información acerca das diferentes orientacións afectivo sexuais e expresión de xénero. En definitiva: normalizar, educar na aceptación e normalización de calquera tipo de mostra de afecto entre persoas, independentemente da súa orientación ou identidade sexual o cal significa aceptar sen prexuízos a diversidade.

Non hai espazo nas rúas da Galiza para a LGTBI fobia. Por iso facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas en Compostela en repulsa ao bus da xenreira, contra a discriminación e a prol da diversidade:

  • Xoves, quinta feira, 4 de maio ás 20 horas na praza 8 de marzo
  • Venres, sexta feira, 5 de maio ás 12 horas na Praza do Obradoiro


Ningún comentario:

Publicar un comentario