Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 18 de maio de 2017

Información xeral sobre asuntos da Función Pública na reunión do 16/05/17: RPTs, procesos selectivos, concursos...

O 16 de maio houbo unha reunión previa á Mesa Xeral do 19 para tratar a modificación de varias RPTs.

Ademáis dos temas da orde do día, a Administración informou de varios asuntos relacionados coa Función Pública como concursos de traslados e procesos seletivos, aínda que para variar con escasa ou nula concreción de datas.

 
1) RPT de ATRIGA, GAIN e D.X. de Enerxía e Minas

Con relación á Relación de Postos de Traballo de ATRIGA, van revisar a non adscrición dalgúns postos a ningunha área funcional. A CIG mantén o seu rexeitamento ao abuso que fai ATRIGA dos antigos méritos específicos substituidos agora polas áreas funcionais e que supoñen un atranco á mobilidade do persoal mediante os concursos de traslados. A maiores, están dispostos a estudar a petición da CIG de creación dunha praza de arquiveiro/a, co obxectivo de cumprir a Lei 7/2014 de arquivos e documentos impulsada polo goberno do PP e aprobada polo Parlamento de Galiza. Esta RPT vai ir á Mesa Xeral do venres 19/05/2017 (ver documentación).

En canto á RPT da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, para as que temos documentación insuficiente, tiñan previsto levalo á Mesa Xeral do venres 19 sen que houbese unha xuntanza previa, polo que reclamamos a súa retirada. Finalmente o retiran da Mesa e convocan unha xuntanza previa para o martes 23. Para ese día convocarán tamén a Mesa de Pluses.

Estas anteriores RPTs irán a Comisión de Persoal que convocarán para o luns 29 de maio.


2) Outra información de interese

- Procesos selectivos

Fan unha descrición do estado dos procesos selectivos pendentes de resolver para corpos xerais (libre e promoción interna) na que non achegan máis información da que xa dispoñen as persoa interesadas na páxina web de Función Pública.

Afirman que queren resolvelos con celeridade e pretenden dar a maior parte das tomas de posesión en xuño. Aseguran tamén que as consellarías xa teñen os postos que pensan ofertar para as eleccións de destino para presentar alegacións (por se quitan algunha por vindeira amortización, por exemplo...) e contan envialas aos sindicatos antes de que remate o mes.

Máis asertivos foron con relación aos procesos A1 e A2 Finanzas e Gardacostas no que informan que a composición dos tribunais publicaráse a semana que vén e que antes de agosto será o primeiro exame. Tamén concretan no caso das opos de Ordenanzas (discapacidade intelectual) que publicarán as notas esta semana e que para o mes o exame de galego. Por último, as convocatorias de promoción interna de persoal laboral dos grupos IV e V da OEP 2016, din querer aprobala e publicala antes de agosto... haberá que velo.

Por último, apuntan unha serie de datos sobre a situación doutros procesos, de sobra coñecidos, e que non achega ningunha novidade: que si o proceso selectivo A1 Corpos Xerais do 2002 está xudicializado e pendente do Tribunal Supremo, que si en Enxeñeiros/as Industriais están pendentes de nomear o Tribunal, que si en Químicas e Bioloxía van con máis atraso ou que nos temarios de profe de institutos naútico-pesqueiro están a estudar as alegacións na consellaría e haberá unha "vindeira" reunión...

- Concurso de traslados:

O máis próximo, o de Estatística: van mandar as bases para negociar. Queren quitalo en xuño xunto a outra escala pendente de comunicar cal é. Pretenden resolver de xeito conxunto a adxudicación nun único acto a petición inicial e a de resultas. A intención é logo facer o mesmo co resto de concursos. Os méritos van seguir cos últimos do concurso xeral.

Comunican tamén que o borrador dos criterios xerais para os concursos de persoal funcionario e laboral vano enviar "nos próximos días". Pretenden a súa simplificación. En canto á antigüidade por servizos prestados nas admóns. Públicas, cada ano ou fracción superior a 1 mes cunha puntuación determinada.Valorarase neste cómputo o tempo traballado como interino.

En canto aos méritos específicos adecuados as características do posto de traballo, establecerán catro tipos de puntuación:

*fracción inferior a 6 meses de experiencia nun posto de traballo pertencente á mesma área funcional da do posto solicitado.
Posesión da titulación académica requirida para o posto de traballo solicitado
Por nivel de coñecemento da lingua extranxeira que se solicite para o posto de traballo
Pola posesión do permiso de conducción que se solicite para o posto de traballo
*Valoración do grao persoal
*Traballo desenvolvido: promedio do tempo transcurrido dende a última adxudicación do posto con carácter definitivo con independencia do nivel dos postos aos que se opte.
*Medidas de conciliación e igualdade de xénero
*Cursos de formación: de cara á valoración van acotar as entidades. Os cursos valoraranse por horas.
*Grao de coñecemento do galego
*Grupo de pertenza do funcionario que participa no concurso.

Están valorando establecer ou non unha puntuación mínima. En canto á presentación da documentación por parte dos participantes no concurso, simplificarase. O sistema informático validará automaticamente a maior parte. "Antes de rematar maio" enviarán para a súa negociación a documentación cos criterios de baremación para todos os concursos de funcionarios e laborais.

- Comisión de seguimento do acordo de persoal veterinario: van convocar ás consellerías afectadas para unha "vindeira" xuntanza e logo convocarán a comisión neste mes ou a primeiros de xuño. En canto á extensión do acordo ao persoal vetrinario de Mar, darán conta na vindeira Comisión de Persoal.

- Plan de loita contra a fraude: pendentes de concretar con Economía varios plans para desenvolver este ano, falan de dous ou tres plans. Vai haber máis prazas. Todo pendente dos orzamentos do Estado. Convocaran aos sindicatos este mes para darnos máis información e ver como se van cubrir esas prazas.

- Sentenza dereito a permuta para o persoal laboral temporal: estano mirando, posible recurso de casación ao Supremo.

- Persoal das Illas Atlánticas e legoeiros/as: convocaran para unha "vindeira" xuntanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario