Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 18 de xullo de 2017

A CIG organizará coa EGAP a 3ª xornada do V congreso sobre branqueo de diñeiro que contará con ilustres convidados esquecidos

Descargar ficha da última xornada esquecida pola EGAP

A Escola Galega da Administración Pública vai celebrar o 20 e 21 de Xullo o V Congreso sobre prevención e represión do blanqueo do diñeiro  (*traducido do orixinal, pois como boa Escola Galega, publica cáseque todo en castelán);  o dito congreso artéllase nunha parte administrativa e outra penal, con distintos conferenciantes moi versados nas facetas de prevención de delitos financieiros.

Dende a CIG de Servizos Centrais e como bos funcionari@s queremos colaborar coa EGAP (e por suposto co Goberno galego)  e por eso convocamos a  III xornada do dito congreso cunha fase máis práctica e que se centre en casos concretos moi interesantes  e que versará sobre:

XORNADA DE MAÑÁN

9.00-10.00. Inauguración. Un exercicio de branqueo democrático en Galicia (Sr. D. Pablo Crespo, ex–secretario xeral do Partido Popular). (*A última hora incorpórase tamén o Sr. Rosendo Naseiro coas Memorias de Don Manuel Fraga).

10.00-11.00.- Como branquear con libreta e lápis  (Sr. D. Luis Bárcenas ex–tesoreiro do Partido Popular)

11.00-11.45.- Como lavar aínda máis branco dende o Estado: unha crise o xustifica todo: (Excmo. Sr. Cristobal Montoro, Ministro de Economía)

11.45-12.15.- Pausa café co patronicio de Plexus, Indra, Bahía software e Atos Origin e coa proxección dun resumo da película “La gran evasión” (ambientada esta vez non na II Guerra Mundial senón nun vello Cantón suizo).

12.15-13.00.- A arte do branqueo: branquear salpicando e subvencionando . (este si que non é sr. un tal Laureano Oubiña).

13.00-14.00.- Branqueando mentras formamos: Sr. D. José Luis Suárez alcalde de Monterrei e Deputación de Ourense) *tamén intervirá a súa muller experta  tamén nestes temas.

Comida no restaurante do Pazo Baión, subvencionada por: Dragados, Endesa, Telefónica, Bankia e  Fundación FAES

XORNADA DE TARDE

16.00-17.00.-  Como branquear sen lavadora. (SR. D. Rodrigo Rato, expresidente de Bankia e exministro e a punto de ser nomeado DX da celda 311 de Alcalá-Meco)

17.00-17.45.- Como repartir a branca Galicia por 700 euros (Sr. D. J.M. Pichel Pichel arquitecto do S.A. do Xacobeo). Tamén aproveitara para presentar unha comunicación titulada “parece mentira pero aínda sigo aquí".

17.45-18.30.- Brancaneves e as 7 emerxencias (Carlos Faílde. Ex–Proteción Civil A Estrada)

18.30-19.15.- As dietas máis brancas de tódalas dietas (Sr. D. Domingo Bello Janeiro catedrático de Dereito Civil-UDC)

19.30.- Peche do acto polo Excmo. Sr. Don. Alberto Nuñez Feijoo co relatorio denominado: “Eu pasaba por aquí e non me enteraba de nada: o branco é a miña cor”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario