xoves, 5 de xullo de 2018

A Audiencia Nacional conclúe que só conten os días laborabéis nos permisos "curtos"

Xa non nos chama a atención pero non vai moito na Xunta de Galiza tamén tiñamos a interpretación restrictiva de dereitos laborais de que os permisoscontaban por días naturais, logo contáronos por días hábiles e finalmente, desde 2015, por días laborabéis.

Aínda así, en boa parte das empresas, até o de agora os permisos por nacemento ou ben por morte ou accidente ou enfermidade grave eran concedidos por días naturais. Coas recentes sentenzas no Tribunal Supremo (TS) e tamén na Audiencia Nacional (AN) comeza o camiño do fin desta inxustiza.


Convén recordar que xa o TS ditaminara que os permisos retribuídos (tamén o de matrimonio) tiña que comezar o primeiro día laborábel. Agora a AN vai máis alá e pronúnciase, en tres recentes sentenzas, sobre que días deben computar. Segundo o novo criterio, só deben computar os días laborabéis.  Agora ben, esto só sería aplicábel para os permisos "curtos" e deixaría fóra o de matrimonio que o Estatuto do Traballo explicita en "días natutrais" (non así o resto de permisos).

Neste sentido, compre decir que para a AN o permiso de matrimonio continuaría comezando en día non laborábel e só se rexiría polo outro criterio o resto de permisos que lle chaman "curtos": permiso por nacemento e permiso por morte ou enfermidade de familiar.

Así, tomememos o exemplo dunha traballadora que ten unha xornada de luns a venres. A esta persoa correspóndenlle tres días pola morte do seu cónxuxe. Se este morre en xoves, podería ausentarse ese día, o venres e o luns (sen que consumise ningún día o fin de semana). En cambio, se se sacase en sábado, o seu permiso de 15 días comezaría ese día, segundo a interpretación da AN.

Hai que ter que estas sentenzas da AN nacen de recursos de tres convenios (ETTs, Grandes almacéns e Enxeñería) e polo tanto son só aplicábeis ao persoal baixo eses convenios. Ademais, queda a posibilidade de recurso, sobre todo polo interese de casar a doutrina no referente a cando deben empezar todos os permisos (os que se gozan en días naturais tamén).

Aínda así, cabe agardar que esta "nova doutrina" de la Audiencia Nacional servirá de referencia, sen dúbida, ás organizacións sindicais e representacións das traballadoras e traballadores que pretendan conseguir que nos seus ámbitos computen do mesmo xeito os permisos retribuídos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario