luns, 11 de marzo de 2019

Comisión de Persoal 06/03/2019: oposicións, decreto de mobilidade, funcionarización, carreira...

Os cronogramas aceleran cando chegan as eleccións...
O 6 de marzo celebrouse unha comisión de Persoal onde se levaban dous procesos selectivos (persoal ordenanza e persoal subalterno) e o Decreto de mobilidade do persoal funcionario. A parte disto, en varios, tratáronse outros asuntos como os xa habituais da carreira profesional, novas sobre procesos selectivos, a funcionarización etc. 

Coma sempre a información vai en dous tempos, a que xa recibiron primeiro os sindicatos pactistas e a que recibimos as que nos negamos a asinar o que nos poñen enriba da mesa porque "é o mellor posible".

 PROCESO SELECTIVO SUBALTERNOS

Cambios respecto do borrador da Mesa Xeral:

  • No primeiro exercicio reducen as preguntas de 70 a 60 (20 da parte común e 40 da específica). Cada pregunta contará con tres respostas alternativas.
  • Na fase de concurso, o epígrafe de experiencia profesional contempla:
    • Servizos prestados como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a razón de 0,1 puntos por mes completo de servizos.
    • Servizos prestados como persoal laboral na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, a razón de 0,1 puntos por mes completo de servizos.
    • Servizos prestados baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza valoraranse a razón de 0,05 puntos por mes completo de servizos.
    • O cociente enteiro pasa de 0,06 a 0,1 ou 0,05 segundo corresponda. A puntuación máxima deste epígrafe pasa de 16 a 17 puntos e a puntuación máxima da formación pasa de 4 a 3 puntos.
  • No temario común, redución nos temas 1 e 3, quedando así:
    • Tema 1. A Constitución española de 1978. Títulos Preliminar, I, II e Capítulo 1 do título III.
    • Tema 3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas: Título Preliminar, I, II e III.

Voto: CIG abstención, CCOO e UGT a favor, CSIF en contra. Descargar texto aprobado na Comisión de Persoal.


PROCESO SELECTIVO ORDENANZAS

Cambios respecto do borrador da Mesa Xeral:

  • No primeiro exercicio reducen as preguntas de 70 a 60 (20 da parte común e 40 da específica). Cada pregunta contará con tres respostas alternativas.
  • Na fase de concurso, o epígrafe de experiencia profesional contempla:
    • Servizos prestados como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a razón de 0,1 puntos por mes completo de servizos.
    • Servizos prestados como persoal laboral na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, a razón de 0,1 puntos por mes completo de servizos.
    • Servizos prestados baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza valoraranse a razón de 0,05 puntos por mes completo de servizos.
    • O cociente enteiro pasa de 0,06 a 0,1 ou 0,05 segundo corresponda. A puntuación máxima deste epígrafe pasa de 16 a 13 puntos e a puntuación máxima da formación pasa de 4 a 3 puntos.
    • Introducen o epígrafe Permanencia na categoría:
      • Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrumpidos na categoría 003 do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia 1 punto. A puntuación máxima deste epígrafe é de 4 puntos.
    • A puntuación do epígrafe de formación pasa de 4 a 3 puntos.
  • No temario común, igual redución do tema 1 que no proceso de subalternos e eliminación do tema 3 da lei 39/2015,

Voto: CIG abstención, CCOO e UGT a favor, CSIF en contra. Descargar texto aprobado na Comisión de Persoal.


PROXECTO DE DECRETO DE MOBILIDADE

Proxecto de decreto polo que se aproba o procedemento de mobilidade do persoal funcionario de carreira da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.


Sen cambios respecto do borrador da Mesa Xeral. Voto: CIG, CCOO, CSIF e UGT en contra. Descargar texto aprobado na Comisión de Persoal.


OUTROS ASUNTOS

Procesos selectivos

  • Informa o DXFP que:
    • Nesta semana ou na seguinte publicarán todos os tribunais dos procesos selectivos de A1, A2, C2 e camareiros/as-limpadores/as cuxos exames serán na 2ª semana de abril e dos procesos de Promoción Interna cuxos exames serán na 2ª semana de maio.
    • Están facendo cambios na aplicación informática para apuntarse aos procesos selectivos que facilitarán dito trámite e que contan con telos listos en abril-maio.
  • Preguntamos pola elección de destino de biólogos/as do 2014: resposta que "están niso". Posteriormente (o venres 8), recibimos correo de Función Pública coa relación de prazas que teñen previsto ofertar como destino provisional, con prazo de alegacións ata o mércores 13. Contacta coa CIG. Segundo nos indican, as prazas que figuran son: vacantes sen ocupación, vacantes ocupadas en comisión de servizos, e as prazas das persoas que consta que teñen superado o proceso selectivo.

Carreira profesional: Posteriormente á Comisión de Persoal houbo unha xuntanza non prevista onde o DXFP informou de aspectos da orde de carreira profesional. Dixo que é un tema procedimental que queren que sexa o máis rápido posible. Van eliminar o da chave 365 e permitirán a solicitude en papel porque hai moito persoal laboral e algún funcionario que non ten acceso ao Portax. Están traballando co servizo de Persoal da consellería de Sanidade para a inclusión do persoal da lei 17 na carreira profesional. Tamén están traballando coordinadamente con Orzamentos, Intervención Xeral, CIXTEC e AMTEGA coa intención de ter publicada a orde en marzo.
Con respecto ao persoal en excedencia por coidado de fillos/familiares a cargo, o DXFP aclara que este persoal terá dereito á carreira profesional a efectos administrativos e con efectos económicos en canto se incorpore ao traballo. Contemplan mirar a afectación da carreira profesional ao resto de posibles situacións administrativas do persoal.


Funcionarización: O xoves 7 de marzo enviarán o proxecto de decreto de funcionarización no que se detallarán os efectos da funcionarización en aspectos como, por exemplo, a promoción interna vertical e cruzada. A intención de FP é non crear moitas escalas novas. Na semana que vén haberá unha xuntanza. Avanza o director xeral que o persoal non integrado por non cumprir os requisitos de integración non se pode funcionarizar e para o que non quixo integrarse “o ve difícil”.
Finalmente chegounos a proposta de decreto de funcionarización o venres 8, grazas á indiscreción dalgunhas persoas, xa que a CIG non tivo o privilexio de ser un dos sindicatos amigos do director de Función Pública. Non o facemos público porque non nos chegou "oficialmente", pero se queres consultalo visitanos ou chámanos por teléfone. Poremos o asunto en mans da nosa asesoría xurídica.


Fundación Cidade da Cultura: A CIG volve preguntar pola aplicación do V Convenio ao persoal desta fundación. Resposta o DXFP que aínda non o miraron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario