Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 5 de marzo de 2019

Tiñamos razón outra carreira profesional si que era posible: Concello de Santiago

Na Xunta, máis que carreira é un maratón
Recentemente tense aprobado no Concello de Compostela a súa carreira profesional, a CIG foi pioneira na súa demanda dende hai tempo, e consigueuse un Acordo, como sempre, mellor que o da Xunta de Galicia. 

Como temos demandando, éste é un acordo específico de carreira profesional onde non se mesturan outros temas e que permite conquerir melloras laborais ostensibles, por exemplo: elimina as diferenzas salariais e as discriminacións nos cobros entre grupos, rebaixa a antigüidade para cambair entre cada grao, etc.

PRIMEIRA NA FRENTE: É unha carreira integradora; pois recolle a todo o persoal: funcionario de carreira, funcionario interino, laboral fixo ou laboral temporal.

DE SEGUNDA DIVISIÓN: Mellora na temporalidade de cobros nos grupos altos:




XUNTA CONCELLO
A1
Grao I (2019-20-21)
Grao II (2022-23-24-25)
Grao I (2019-20-21)
Grao II (22-23-24)
A2
Grao I (2019-20-21)
Grao II (2022-23-24-25)
Grao I (2019-20-21)
Grao II (22-23-24)


OUTRA COUCE: No concello no encadramento ordinario pódese cambiar de grao cada 5 anos; na Xunta hai que estar 6 anos para pasar do grao I ao II; outros  6 do grao II ao III  e 7 para acadar o grao IV dende o III. Amáis de pedir menos antigüidade en cada grao.

TÓMANNOS POR PARVOS: Mellora nas cantidades de cobro; os grupos baixos si que son recoñecidos no Concello, só botando unha ollada ao cadro xa da para pensar como e quen dirixe esta casa:


XUNTA
CONCELLO
A1
2.460,36€
2.400€ (-2,48% )
A2
1.721,76€
2.100€ (+12%)
C1
1.110,36€
1.500€ (+26%)
C2
942,36€
1.320€ (+28,64%)
AP
761,52€
1.200€ (+36,54%)

Por eso dende a CIG seguimos insistindo que esta Carreira Profesional hai que renegociala en termos de igualdade e xustiza e non facela un chiringuito particular  entre tres amigos (Barreiro e dous que pasaban por alí)e ás costas da maioría sindical na Xunta de Galicia.

Descargar versión CIG-Informa

Ningún comentario:

Publicar un comentario