Como sabedes acaban de decretar o peche perimetral dos concellos de Compostela, Ames e Teo; o número de casos non para de medrar na área sanitaria (imos por máis de 1300 activos) e os positivos nas sedes da Xunta en servizos centrais tamén van medrando (pese a que non nos dan información nengunha).
A día de hoxe aínda andan a marear o tema do teletraballo ordinario (acaban agora mesmo de achegarnos o segundo borrador) que xa chega tarde.
As secretarías xerais técnicas seguen a mirar para outro lado mentras seguimos a ter as oficinas cheas de xente; e os buses seguen petados, queremos teletraballo xa e para elo non podemos esperar polo teletraballo ordinario. Hai que artellar urxentemente un teletraballo COVID polo menos ata Nadal.
Para seguir presionando ideamos dende a CIG en servizos centrais unha campaña de información en todos os centros, para elo aparte dos contactos con todas as secretarías xerais técnicas que estamos a ter, diseñamos este cartaz para que toda aquela xente que esté indignada con este tema (que espero que sexades moitas/os) o descargue, imprima e o coloque no seu ordenadore, no taboleiro da unidade, nas portas ou onde estimedes; o caso é que os responsables saiban que estamos moi pero que moi cabreados coa súa falta de xestión.
Nós xa os poñemos polos taboleiros para que a nosa dignidade esté por riba da súa indignidade!!!
Última hora na AAPP dos diferentes países:
Reino Unido: Teletraballo
Francia : Teletraballo
Italia: Teletraballo
Xunta de Galicia: estamolo a pensar, pero a Xunta é sitio seguro e non pasa nada....e amáis no queremos que a rasquedes na casa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario