FP intenta puentear á CIG pero nos xa estamos curados destas trapalladas
Primeiro dicir que xa nos dá a nos ata vergoña falar deste tema, pois de todas as falcatruadas, ineptitudes e faltas de xestión da Función Pública (nomeadamente do sr. Barreiro) dos últimos anos quizais esta sexa a que leva a medalla de ouro.
Pero por moito que feda o tema
temos que seguir informando, e seguiremos pese a que Barreiro non nos ten en moita
consideración; pese a que somos a forza máis votada no persoal funcionario,
prefire filtrarlle onte a información a outros sindicatos amigos para que fagan campaña de información
de primeira man.
Indo ao meollo da cuestión,
podemos dicir que non nos enganábamos, pois no texto a propia administración
recoñece o que dicía a CIG alá por Xaneiro:
- O concurso non se vai resolver ata que
finalicen os procesos selectivos de libre/estabilización.
E porqué hai que esperar? Por que
alguén meteu a pata no seu día e incluíu os famosas postos ocupados por persoal
laboral indefinido e fixo que todo o
proceso fora preso da finalización dos exames. O problema témolo no grupo A1
onde hai que corrixir máis de 600 exames de tema e a cousa non avanza. Espero
que tanto a DXFP como o Tribunal poñan todo o que teñen que poñer para
axilizar o proceso.
Pero por se acaso houbera follón
xudicial, FP cúrase en saúde e amplía o prazo non a un termo concreto senón que
se escuda no artigo 23 da Lei de procedemento, onde literalmente di que se
poderá ampliar un prazo nun procedemento
por circunstancias especiais a unha data
igual a que tiña o procedemento, ou sexa que se interpreta NOUTROS
SEIS MESES.
As nosas contas xa ían por aí
pero agora teñen que saír do cubil e dar a cara, poida que esperemos logo ata abril....
E o tipo segue sen dimitir, e
Feijoo e Rueda apoiando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario