Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 10 de marzo de 2016

Alfonso Rueda concursa para o Concello de Marín

O Vicepresidente da Xunta, comeza o proceso de facer as maletas ante a perspectiva de perder a Xunta e no concurso de secretarios de Administración Local do 2015, do que xa hai adxudicación provisional, concursa para o Concello de Marín.

Mentres os empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza, perseoal funcionario de Administración Xeral, especial, escalas e persoal laboral tardamos anos en ver convocados e resoltos os nosos concursos (o último é o concurso de Administración Xeral que está paralizado), el como o heroe mítico Aquiles “o dos pes lixeiros”, fuxe da Xunta....?

mércores, 9 de marzo de 2016

O Tribunal Supremo confirma o zasca a Feijóo no recorte das pagas extras de 2013

Vimos de coñecer a primeira sentenza positiva do Tribunal Supremo ao respecto do conflito colectivo da paga extra 2013 que xa non admite máis recursos. Recordamos que se presentaron varios conflitos colectivos polo recorte nas pagas extras do 2013 en función do ámbito do persoal laboral afectado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).

Pois ben, o TSXG no 2014 fallaba favorablemente as reclamacións subsidirias de varios colectivos de persoal laboral, tanto da Administración xeral da Xunta de Galiza como dos diferentes entes instrumentais autonómicos. Nestes casos non se admitía a devolución do total do recorte nas pagas extras do 2013 (sobre un 5% da masa salarial) pero si da súa parte devindicada ao entrar en vigor a Lei de Orzamentos dese ano o 1 de marzo.

luns, 7 de marzo de 2016

Novo borrador de Instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección

Achega a Administración un novo borrador de Instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, con poucos cambios de calado, basicamente referido a puntualizacións xurídicas, técnicas e algo (moi pouco) sobre a selección das preguntas dos exames. Descargar novo borrador

Do punto novo da "comisión de seguimento permanente dos procesos selectivos" xa coñecíamos o seu anuncio da semana pasada na que ollo, só entrarán as organizacións sindicais que de o visto bo a estas intrucións, unha chantaxe en toda regra, comisión que representa un comezo para controlar a discrecionalidade pero que non soluciona o problema da designación política dos tribunais. Tamén habería que ver cal vai ser a capacidade real de fiscalización neste seguemento e control dos procesos selectivos.

Borrador da nova regulamentación de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria

Achega a Administración un borrador da nova regulamentación do procedemento de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (lei 17/1989, do 23 de outubro).

Elaborarase unha única lista, por cada un dos colectivos profesionais que a continuación se indican, que terá ámbito de comunidade autónoma:

Publicadas as Ofertas de Emprego Público da Xunta de Galiza para 2016

No DOG do 7/3/2016 publican a Oferta de Emprego Público da Xuntan de Galiza para o ano 2016.

Esta Oferta fora aprobada na Comisión de Persoal co voto en contra das catro organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Empregados Públicos (CIG, CCOO, UGT e CSIF), e implicou o acordo de suspensión do artigo 9.4 do V Convenio Colectivo (acordo rexeitado por CIG e co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF).

Convocado proceso selectivo para ordenanzas, en prazas reservadas a persoas con discapacidade intelectual

No DOG do 7 de marzo publica a Orde pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual; 6 prazas en total.

As bases da convocatoria foron aprobadas na Comisión de Persoal coa abstención de CIG e CSIF, voto en contra de CCOO e favorable de UGT.

venres, 4 de marzo de 2016

Mobilizacións do 8 e 10 de marzo

A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora e do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.

Enfrontamos ambas datas nunha situación de fonda preocupación polo noso futuro como clase e como pobo galego, motivada pola perda de miles de postos de traballo, polo deterioro das nosas condicións laborais e sociais, polos ataques contra os nosos dereitos por parte dos distintos gobernos.