luns, 7 de marzo de 2016

Novo borrador de Instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección

Achega a Administración un novo borrador de Instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, con poucos cambios de calado, basicamente referido a puntualizacións xurídicas, técnicas e algo (moi pouco) sobre a selección das preguntas dos exames. Descargar novo borrador

Do punto novo da "comisión de seguimento permanente dos procesos selectivos" xa coñecíamos o seu anuncio da semana pasada na que ollo, só entrarán as organizacións sindicais que de o visto bo a estas intrucións, unha chantaxe en toda regra, comisión que representa un comezo para controlar a discrecionalidade pero que non soluciona o problema da designación política dos tribunais. Tamén habería que ver cal vai ser a capacidade real de fiscalización neste seguemento e control dos procesos selectivos.

O dos tribunais por sorteo é algo habitual en Ensino e unha rareza na Xunta pero que si se podería facer como si se fixo na última convocatoria da escala de Arquivos. Iso si, por propia vontade da persoa que tiña a encarga da selección do tribunal pero non por propia esixiencia da normativa.

Por outro lado hai un tema que sempre preocupa con respecto aos Tribunais e que tería que ser recollido na instruccións; o caso é que normalmente os tribunais sempre están mediatizados polo número de prazas existentes, así no último exame soen facer coincidir o número de aprobados co número de prazas, e iso é un "fraude das bases". O nivel de coñecemento esixido non debe ser marcado polo último opositor aprobado con praza senón pola plantilla previamente confeccionada polo Tribunal.

En definitiva, non pasa nada por ter un número dos chamados erroneamente "aprobados sen praza", porque ademáis de favorecer que se renoven as listas de chamamentos coas mellores notas, habilitamos realmente  a fase de concurso, en caso de que a haxa, ao permitir chegar a esta fase máis xente que as prazas existentes.

Seguen sen aceptar as nosas principais alegacións:
  • Tribunais por sorteo fronte a tribunais de designación política: a experiencia noutras áreas como en Educación, onde parte dos tribunais se elixen por sorteo entre o persoal funcionario docente funciona, é máis obxectivo, máis democrático, máis transparente, e tecnicamente se demostra a mesma competencia. Isto, fronte aos tribunais poboados de libres designacións e afíns, é unha garantía de que os procesos van transcorrer con obxectivade e imparcialidade.
  • Subsidiariamente, e mentres isto non se implante, esiximos que un dos membros sexa proposto pola parte social. Non queremos deixar sós nos tribunais aos membros nomeados a dedo pola Administración.
En relación a isto xa expoñíamos no 2011 (pois a discusión destas instrucións arrástrase desde entón):
  • Só é aceptable a presenza de LDs nos tribunais se a maioría dos membros son elixidos por sorteo, e eliminando o actual presidencialismo no funcionamento e a elaboración dos exames.
  • Só é aceptable a non presenza de membros nos tribunais designados polas organizacións sindicais se establecen competencias fortes para a comisión de control que nos dean capacidade efectiva de fiscalización dos procesos.
Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario