luns, 7 de marzo de 2016

Convocado proceso selectivo para ordenanzas, en prazas reservadas a persoas con discapacidade intelectual

No DOG do 7 de marzo publica a Orde pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual; 6 prazas en total.

As bases da convocatoria foron aprobadas na Comisión de Persoal coa abstención de CIG e CSIF, voto en contra de CCOO e favorable de UGT.

A CIG está conforme coa integración na Administración das persoas con discapacidade, pero rexeitamos que se salten o artigo 9 do Convenio Colectivo, ou que concentren toda a oferta de discapacitados intelectuais nunha única categoría profesional, algo que entra en conflito cos intereses das persoas que non van poder presentarse ás oposicións por non ter nin titulación nin discapacidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario