Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 7 de marzo de 2016

Publicadas as Ofertas de Emprego Público da Xunta de Galiza para 2016

No DOG do 7/3/2016 publican a Oferta de Emprego Público da Xuntan de Galiza para o ano 2016.

Esta Oferta fora aprobada na Comisión de Persoal co voto en contra das catro organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Empregados Públicos (CIG, CCOO, UGT e CSIF), e implicou o acordo de suspensión do artigo 9.4 do V Convenio Colectivo (acordo rexeitado por CIG e co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF).

Para a CIG, estamos ante unha oferta insuficiente, que non chega para cubrir as vacantes nin as continuas privatizacións, cunha promoción interna insatisfactoria (e nula nalgúns casos). Mentres o Goberno ANTES sostiña de que "sobraba persoal público" AGORA se enorgullecen do número de prazas ofertadas e do seu aumento.

Como xa avisamos en reiteradas ocasións, ofertar non quere dicir convocar e con estas ofertas non vai un cronograma de cando pensan convocalas. Temos sobrados e trsites precedentes do exceso con creces dos 3 anos "recomendatorios" da execución destas  ofertas. Pero estamos en ano eleitoral, claro

No mesmo DOG publicaron tamén a oferta de emprego correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes e de persoal estatutario do SERGAS.
Novas relacionada:

Ningún comentario:

Publicar un comentario