Recibimos o segundo borrador de postos vacantes para o concurso de traslados de corpos xerais. Nesta nova listaxe xa están incluidas todas as consellerías.
Temos de prazo ata o 29 de xullo para facer alegacións. Se queres comunicarnos algo, podes contactar coa CIG. Xa que logo, que o concurso saia en xullo (como dixera o director xeral da Función Pública) vai ser imposíbel, así que a convocatoria vai quedar para setembro (con sorte) e continúa acumulando atrasos e incumprimentos nos prazos.



