Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 3 de xullo de 2019

Zarpa o concurso... a que porto chegará?

O concurso botándose a zarpar. ¿Cando atracará?
Onte xoves 4 de xullo estabamos citadas as organizacións sindicais a unha reunión sobre a baremación do concurso da Administración xeral. O sr. director xeral da Función Pública anuncianos, por fin, a negociación do baremo do concurso da administración xeral e a convocatoria do mesmo para setembro.


Por fin, despois de máis dun ano da primeira reunión sobre o baremo, parece que a cousa se move. Queda xa no recordo lonxano as negociacións do decreto de provisión de postos, ou mesmo as promesas e promesas de unha convocatoria inminente.


A ver que sae deste crono-concurso-grama, pero recordamos as miles de comisións de servizo que agora mesmo temos na adminsitración autonómica e as denuncias públicas da CIG ao respecto. Todo o persoal funcionario temos dereito a unha mobilidade con certeza no tempo e xusta na baremación.

Estaremos atentos, a ver ata onde chega a nave...... que non sexa outra Barreirada que comeza e nunca remata.


Ningún comentario:

Publicar un comentario