luns, 8 de xullo de 2019

Concurso corpos xerais: primeiro borrador de postos vacantes

A Dirección Xeral de Función Pública comunícanos parte da relación de postos vacantes entre os que sairá a listaxe dos que finalmente se ofertarán no concurso de traslados de corpos xerais. É a correspondente ás vacantes das seguintes consellerías (agardamos polas que faltan):
  • Consellería do mar
  • Consellería de política social
  • Consellería de sanidade
  • Consellería de cultura e turismo
  • Consellería de educación
  • Consellería de economía, emprego e industria
  • Consellería de infraestruturas e mobilidade
Función Pública fai anos que non nos facilita datos dos postos que están vacantes, así que a CIG non ten maneira de verificar se nesta relación están todos os que teñen que estar ou hai algún tapado. Temos prazo ata o venres 12 para facer alegacións, así que se ves algunha cousa que está mal, ou botas en falta algunha praza, contacta coa CIG canto antes.
Lembramos que esta sería a relación inicial de vacantes, e que no concurso se poderán solicitar estas xunto cos postos de todas as persoas que presenten instancia para participar no concurso (fase de resultas).

Ningún comentario:

Publicar un comentario