Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 19 de xullo de 2019

Concurso corpos xerais: segundo borrador de postos vacantes

Recibimos o segundo borrador de postos vacantes para o concurso de traslados de corpos xerais. Nesta nova listaxe xa están incluidas todas as consellerías.
 
Temos de prazo ata o 29 de xullo para facer alegacións. Se queres comunicarnos algo, podes contactar coa CIG. Xa que logo, que o concurso saia en xullo (como dixera o director xeral da Función Pública) vai ser imposíbel, así que a convocatoria vai quedar para setembro (con sorte) e continúa acumulando atrasos e incumprimentos nos prazos.

A nova listaxe inclúe algunhas modificacións respecto do primeiro (consellerías do Mar, Política Social, Sanidade, Cultura, Educación, Economía e Infraestruturas), no sentido de que inclúen prazas novas, e engaden observacións a prazas que as consellereías queren retirar por ter prevista a súa amortización (son as que indican "PRESENTADA CERTIFICACIÓN").
 
A CIG presentou alegacións á primeira listaxe, con referencias a 53 postos, pero tan só nos fixeron caso a 11 deles. Rexeitamos a retirada de prazas por proposta de amortización das consellarías. En primeiro lugar, porque as consellerías puideron facelo e non o fixeron. En segundo lugar, porque repiten a artimaña para retirar prazas dos concursos que finalmente non son amortizadas.
 
A consellaría de Educación, caso a parte
 
Observamos un exceso de “incidentes” en prazas de Educación que non aparecen no borrador de vacantes do concurso, polo que solicitamos unha revisión a fondo das prazas desta consellería.
 
Denunciamos o actuar neglixente da consellería de Educación, ao non engadir en RPT (e por tanto non poden sair no concurso), prazas que levan tempo ocupadas. Referímonos a centros de nova creación, que levan anos funcionando, pero aos responsábeis de educación non se lles lembrou que teñen a obriga de incluir os postos en RPT, e por tanto non saen no concurso. Non é a primeira vez que ocorre: un caso de fai anos foi o IES o Barral-Ponteareas, creadas en RPT con catro ou cinco anos de retraso dende a súa ocupación e que non foron ofertados en varios concursos anteriores.
 
Agora pasou no IES de Soutomaior. En data 19/06/2018 a CIG dirixiu escrito á Secretaría Xeral Técnica da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria solicitando a incorporación das prazas en RPT. Máis dun ano despois, a Administración non cumpriu coas súas obrigas, polo que as prazas (dous subalternos e un auxiliar administrativo) non aparecen en RPT, razón pola que non se inclúen na relación de prazas vacantes a ofertar no concurso.
 
A CIG solicita a tramitación urxente dunha modificación da RPT de Educación para incluír os referidos postos en RPT, e oferta dos mesmos en concurso de traslados. En paralelo, esiximos o cese das persoas responsábeis desta neglixencia (por non falar de prevaricación).
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario