mércores, 17 de xullo de 2019

Novo pau do TSXG á Xunta de Galiza pola concesión arbitraria das comisións de servizo

Nas comisións de servizo non basta só con que a persoa adxudicataria cumpra os requisitos de idoneidade, senón que, cando sexan varias as persoas solicitantes, é necesario que se exterioricen as razóns polas que se elixe a unha das persoas peticionarias e se lles notifique a todas elas a decisión final para darlle posibilidade de impugnación. Iso vén a decirlle por segunda vez o TSXG á Xunta de Galiza.

A nova sentenza do TSXG 341/2019, do 3 de xullo, incide nos mesmos aspectos que a anterior sentenza 87/2018 que demos a coñecer o ano pasado capitaneada tamén desde os servizos xurídicos da CIG en Compostela.

Cando preparamos a oposición todo o mundo ten moi claro que as decisións discrecionais das Administracións hai que motivalas e tamén notificar as resolucións. Porén, á Xunta esto parece que se lle esquece acotío. É o mínimo que marca a lei. Non estaría de mais que os criterios de selección fosen previmente publicados, como non estaría de máis que as comisións de servizo fosen realmente "excepcionais" e "transitorias" e o ordinario fose o concurso aberto permanente. Mentres non sexa así, haberá que seguir defendendo os nosos dereitos á mobilidade e promoción profesional (e a legalidade) nos tribunais.

Desde a CIG valoramos positivamente esta senteza que non vai a eliminar de raíz a arbitrariedade no reparto das comisións de servizo, pero vaille a obrigar á Administración a botarlle máis imaxinación á hora de motivar por qué unha persoa candidata é preferible sobre outra; a parte de a notificar a resolución (coa motivación) a todas as persoas candidatas. Así pois, permitirá unha comparación, que si pode ser controlable polos xulgados

Esiximos que desde a Dirección Xeral de Función Pública se vele polo cumprimento da legalidade e xurisprudencia en todas as resolucións das comisións de servizo, que parece ser que no 2018 non nos fixeron moito caso. Vai rematando a época das comisións de servizo arbitrarias e eternas e parece mentira que no 2019 aínda esteamos así.

NOTA: non incidimos na xurisprudencia pois é idéntica ca da anterior sentenza 87/2018. En breve estará dispoñible para descarga pública.

Ningún comentario:

Publicar un comentario