 |
Comisión de baremación seleccionando o persoal
|
O
xogo do calamar é a serie de moda e o concurso de traslados leva de
moda 5 anos, é unha telenovela que non é turca nin venezolana, é
galega, unha telenovela desas que nunca se acaban, disque estamos
polos capítulos finais, quen sabe...
A
serie televisiva, a de ficción, consiste nun xogo organizado no que
os participantes, se perden, son eliminados fisicamente. A telenovela
galega, a real, consiste nun xogo organizado no que os participantes,
se perden, caerán no mercado negro das comisións de servizo. Na
serie de ficción hai un líder supremo que se toma un whisky mentres
ve como os participantes son disparados por unha máquina que detecta
o movemento. Se erras, morres. Na telenovela real hai un líder
incompetente que leva anos e anos facendo burrada tras burrada, que
solta mensaxes crípticos nas mesas de negociación, que promete que
se resolverán as cousas en períodos de tempo “normais” pero
que, realmente, se toma un cubata lendo os resumos de novas sindicais
que anuncian a vindeira reunión de non se sabe xa que comisión do
inframundo que lle dá voltas a todo pero que non resolve nunca nada.