Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 1 de xuño de 2021

Se estás cabreado ou cabreada coa xestión da Función Pública: vente a protestar o xoves, 3 de xuño.

Xa levamos demasiado tempo calados e caladas, a pandemia non nos permitiu facer grandes concentracións nen manifestacións; pero xa é hora de cambiar o paso. Xa o dicíamos vai pouco: hai que respectarse como traballadoras e traballadores públicos, é hora de actuar. Todas e todos xuntos.

A Dirección Xeral da Función Pública co seu emperador en desfeitas ao fronte, o señor Barreiro, xa nos ten hastiados e hastiadas de tanta incompetencia. Primeiro, a imposición a cachos dunha carreira profesional inxusta e agora paralizada, logo vén a desfeita dos procesos selectivos, mal feitos e retrasados, logo sigue co enchufismo no servizo de concursos, engadiu unha funcionarización mal organizada, mantén a trapallada ilegal das comisións de servizo e como punta do iceberg segue a marearnos cun CONCURSO XERAL DESAPARECIDO e outros dos que nin sequera responde.

É hora de tomar a rúa e darlle resposta, así a CIG chama a todas as traballadoras e traballadores da Xunta de Galica que consideren que este señor ten que marchar para o seu posto de orixe, a concentrarse o xoves día 3 as 12.30 h diante da Xunta de Galicia en San Caetano e mostrar o seu enfado.

A ver se alguén da Xunta, léase Valeriano ou mesmo Feijoo, se dan conta  de que hai que nomear unha persoa competente para este posto e non un vendefumes, cronogramista, mudiño ou mentireiro, dependendo da ocasión.

Xa abonda de protestar polos corredores e na cafetería, se estás cabreado ou cabreada, faillo saber!!!
Nin concursos, nin carreira profesional, nin promoción interna: é hora de actuar

Ningún comentario:

Publicar un comentario