mércores, 15 de febreiro de 2017

Borradores das convocatorias de oposicións de consumo-C1, finanzas-A1 e veterinaria-A1

Achéganos Función Pública os borradores das convocatorias de varios procesos selectivos para o envío de alegacións antes do luns, 20 de febreiro; outra cousa é o que fagan con elas.

Botamos tamén en falta información sobre os procesos actualmente en marcha e previsións para outros procesos ofertados de cuxa convocatoria nada se sabe, como as de persoal laboral ou axentes medioambientais. De momento, aquí vos deixamos os borradores:
  • subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo (antigamente, subinspectores de consumo). Corresponde á Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2014 e convocan 3 prazas (1 de promoción interna) mediante o sistema selectivo de oposición. Descargar
  • subgrupo A1, escala superior de finanzas, promoción interna. Corresponde á OEP do ano 2015 e convocan 8 prazas, todas de promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición. Descargar
  • subgrupo A1, escala de persoal veterinario. Corresponde á OEP de 2014 e 2015 e convocan 55 prazas (14 de promoción interna)  meidante o sistema de concurso-oposición. Reenvian correxido o borrador inicial despois da xuntanza do pasado 20 de xaneiro. Previsión publicación da convocatoria en marzo. Descargar

Ningún comentario:

Publicar un comentario