Resulta curioso que a Xunta nunca
teña cartos para crear os postos necesarios nunha RPT e opte por
contratar asistencias técnicas e convocar bolsas de formación pero
sempre atope os cartos necesarios para crear postos de persoal directivo
que son moito máis caros.
O luns, 28 de outubro, a Xunta aprobará na Comisión de Persoal as primeiras RPTs de Axencias con persoal directivo,
mesmo de fóra da Administración e cunhas retribucións superiores.
Mentres, no DOG do 23/10/2013 publica a resolución de adxudicación de
dúas bolsas para traballar na EGAP: a) unha vinculada á xestión de sistemas de teleformación e b) outra de documentación e biblioteconomía.
As ditas bolsas convocáronse no DOG do 25 de abril.
O que se pide basicamente é xente nova hipercualificada (titulación
superior con bo expediente, cursos, comunicacións congresos,
publicacións, idiomas, etc.) e a cambio ofrecen 1200€ brutos/mes, sen
ataduras de contratos e durante uns poucos meses. A súa etapa formativa
vai ser breve ou inexistente, máis tendo en conta, no caso da
biblioteca, que na recentemente reformada RPT da EGAP non hai postos especializados para formar á nova bolseira.