martes, 12 de xuño de 2018

Novidades nas listas de substitución da Xunta

No DOG do 12 de xuño publícanse as seguintes resolucións que afectan ás listas de substitución da Xunta.
  •  Actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2017 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Ver resolución DOG.
  • Publicación das listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.Ver resolución DOG.
Así pois, atentas aquelas persoas anotadas nas listas de substitución, poderán consultar toda a información na seguinte ligazón.  Se seguides tendo algunha dúbida, podedes acceder ao noso boletín especial actualizado sobre información e funcionamento do decreto de listas de sustitución.


Ningún comentario:

Publicar un comentario